A World Professional Association for Transgender Health, WPATH, (en galego, Asociación Profesional Mundial para a Saúde Transxénero), e anteriormente denominada Asociación Internacional da Disforia de Xénero Harry Benjamin (HBIGDA), é unha organización profesional dedicada ó estudo e tratamento do transxénero. A organización foi creada por Harry Benjamin, un dos primeiros médicos que traballaron con transexuais, e recompila os Estándares de Coidado para a Saúde de transxéneros (transexual e persoas non conformes co seu xénero, entre outros) e tamén proporciona información para profesionais e pacientes, patrocina conferencias científicas e ofrece directrices éticas para profesionais.[1][2]
A primeira versión dos Estándares de Coidado publicáronse en 1979 e a súa última versión, a 7ª, data do ano 2011.[3][4]