World Book Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

World Book Club  é un programa de radio da BBC World Service. Cada edición do programa, que é emitido o primeiro sábado de cada mes e que se repite o seguinte luns,[1] trata sobre un autor de sona e debátese co público sobre unha das súas obras, a miúdo a máis coñecida. Dende que o programa comezou a emitirse no ano 2002, foi presentado por Harriett Gilbert.

Historia[editar | editar a fonte]

World Book Club trata sobre un autor famoso que responde preguntas feitas polo público sobre unha das súas obras. Polo xeral, o programa é gravado diante dunha audiencia en directo.[2] Os oíntes de todo o mundo poden enviar as súas preguntas antes da gravación.

Notas[editar | editar a fonte]