Woodland Animations

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Woodland Animations foi unha compañía británica de animación responsable da realización de diversas series de animación para a BBC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Woodland Animations fundárona Ivor Wood e a súa dona Josiane despois do primeiro deixar a firma para a que traballaba Filmfair, entre as producións da nova empresa salienta O carteiro Pat (1981), que se converteu nun éxito internacional, seguíronlle Gran (1982), Bertha (1985) ou Charlie Chalk (1987). En 2001 adquiriuna Entertainment Rights.