Woman of the Hour
Aparencia
| Woman of the Hour | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata |
Woman of the Hour é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Anna Kendrick e escrito por Ian McDonald. Baséase na historia real do asasino en serie Rodney Alcala e a súa aparición en 1978 no programa de televisión The Dating Game no medio da súa onda de asasinatos. O filme está protagonizado por Kendrick como a concursante do programa Sheryl Bradshaw e Daniel Zovatto como Alcala, xunto a Nicolette Robinson e Tony Hale. No momento do programa, Alcalá asasinara cando menos cinco mulleres, e a súa aparición no episodio máis tarde valeulle o alcume de "The Dating Game Killer".
Woman of the Hour estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Toronto o 8 de setembro de 2023, e estreouse en Netflix o 18 de outubro de 2024.[1][2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Anna Kendrick como Sheryl Bradshaw
- Daniel Zovatto como Rodney Alcala
- Tony Hale como Ed
- Nicolette Robinson como Laura
- Pete Holmes como Terry
- Autumn Best como Amy
- Kathryn Gallagher como Charlie
- Kelley Jakle como Sarah
- Matt Visser como Bachelor #1
- Jedidiah Goodacre como Bachelor #2
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Acosta, Jessica. "Anna Kendrick's 'Woman of the Hour' Movie: Everything We Know". www.msn.com. HollywoodLife. Consultado o 2024-10-29.
- ↑ "Woman of the Hour movie review (2024) | Roger Ebert". www.rogerebert.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2024. Consultado o 2024-10-29.