Saltar ao contido

Wolfgang Szaivert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWolfgang Szaivert
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1950.
Viena.
Austria Austria.
País de nacionalidadeAustríaca.
EducaciónUniversidade de Viena.
Tese académicaA actividade das cecas da moeda sasánida desde a introdución xeneralizada das sinaturas e as datas.
Director de teseRobert Göbl.
Actividade
Campo de traballoNumismática, historiografía.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto de Numismática e Historia Monetaria (Universidade de Viena).
Familia
Cónxuxe(1971) Eva Pytlik. Editar o valor en Wikidata
PaisWilhelm Szaivert Editar o valor en Wikidata  e Martha Szaivert. Editar o valor en Wikidata
Premios
2008: Medalla Eckhel.
2009: Medalla Liechtenstein.
2012: Medalla Wolfgang Hahn.

Wolfgang Szaivert, nado en Viena o 9 de xuño de 1950, é un numismático austríaco, profesor de Numismática na Universidade de Viena e investigador sobre as emisións monetarias en Oriente Medio na Antigüidade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Wolfgang Szaivert naceu en Viena o 9 de xuño de 1950, fillo de Martha Szaivert e de Wilhelm Szaivert (1922-2009), arquiveiro, bibliotecario e conselleiro imperial,[1] un erudito de quen Wolfgang herdou o seu interese pola cultura de Oriente Medio. Asistiu á escola primaria entre 1956 e 1960, e logo cursou os seus estudos de secundaria no Akademische Gymnasium de Viena, entre 1960 e 1968.[2]

Nese mesmo ano comezou os seus estudos superiores de Historia Antiga, Arqueoloxía Clásica, Prehistoria, Protoshistoria, Historia da Arte e Estudos Orientais na Universidade de Viena. En 1971 comezou a traballar como asistente de investigación no Instituto de Numismática Antiga e Historia Preislámica de Asia Central, onde recibiu as influencias de colegas como Peter Robert Franke e Maria Radnoti-Alföldi.[2] En 1975 acadou o seu doutoramento na mesma universidade,[3] baixo a dirección de Robert Göbl,[4] cunha tese acerca da organización das cecas da moeda do Imperio Sasánida.[5][6]

Carreira académica e numismática

[editar | editar a fonte]

O seu doutoramento permitiulle comezar a dedicarse á docencia na universidade de xeito interino. A partir dese momento, coa única paréntese da súa incorporación ao Exército federal durante uns meses en 1976, foi o único colaborador científico cun posto fixo no Instituto —que en 1978 pasou a chamarse Instituto de Numismática— ata o nomeamento de Hubert Emmerig en 1996.[4]

En 1984 acadou a súa habilitación para impartir docencia de Numismática na Universidade de Viena, cunha tese sobre as moedas imperiais romanas a nome de Marco Aurelio, Lucio Vero e Cómodo, que foi publicada dous anos máis tarde.[7] Logo desta habilitación, en 1992 accedeu a un posto de profesor adxunto de Numismática no Instituto de Numismática e Historia Monetaria desta universidade, baixo a dirección de Wolfgang Hahn, e en 1997 foi nomeado profesor extraordinario.[8]

En febreiro de 2010, a xubilación de Hahn na dirección do Instituto converteu a Szaivert en director interino a partir do 1 de marzo dese ano, con Hubert Emmerig como o seu adxunto.[8] Szaivert non abandonou a docencia universitaria e o seu labor investigador no Instituto ata a súa xubilación o 29 de febreiro de 2012.[3]

En 1999, Szaivert foi elixido membro da Comisión Numismática Austríaca.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Wolfgang Szaivert casou en 1971 con Eva Pytlik (nada en 1948),[8] a quen coñecera no Instituto de Numismática e Historia Monetaria, no que tamén traballaba como investigadora.[9]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos publicados por Wolfgang Szaivert ao longo da súa traxectoria:[12][13]

  • .(1975). Die Tätigkeit der sāsānidischen Münzstätten ab der generellen Einführung der Signaturen und Datenangaben, (Organisation, Technisches und historische Bezüge). 3 volumes. Universität Wien, Viena.
  • (1980-1983). Griechischer Münzkatalog.(con E. Szaivert e D. Sear). Battenberg, Múnic.
  • (1986). Die Münzprägung der Kaiser Marcus Aurelius, Lucius Verus und Commodus (161-192). Österreichische Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 9783700107781
  • (1992). Die antiken Münzen aus St. Pöltner Museen: die Sammlungen des Diözesanmuseums und des Stadtmuseums (con F. Schmidt-Dick). Österreichische Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 9783700119401
  • (2000-2004). Sylloge Nummorum Graecorum Österreich, Sammlung Leypold, Kleinasiatische Münzen der Kaiserzeit (con C. Daburon). Institutes für Numismatik und Geldgeschichte, Viena.
  • (2005). Löhne, Preise, Werte: Quellen zur römischen Geldwirtschaft (con R. Wolters). WBG Academic. ISBN 978-3534167746
  1. Emmerig, H.; List, E. (2012)[Ligazón morta]. Páxina 12.
  2. 1 2 Emmerig, H.; List, E. (2012)[Ligazón morta]. Páxina 13.
  3. 1 2 3 4 5 Emmerig, H.; List, E. (2012)[Ligazón morta]. Páxina 8.
  4. 1 2 Emmerig, H.; List, E. (2012)[Ligazón morta]. Páxina 14.
  5. Véxase "(1975)" en "Publicacións".
  6. Emmerig, H.; List, E. (2012)[Ligazón morta]. Páxina 17.
  7. Véxase "(1986)" en "Publicacións".
  8. 1 2 3 4 Emmerig, H.; List, E. (2012)[Ligazón morta]. Páxina 14.
  9. Emmerig, H.; List, E. (2012)[Ligazón morta]. Páxina 32.
  10. "Eckhel-Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).
  11. "Wolfgang-Hahn-Medaille". Institut für Numismatik und Geldgeschichte. Univarsität Wien.
  12. "Schriftenverzeichnis von Wolfgang Szaivert 1975−20121". Emmerig, H.; List, E. (reds.) (2012). Páxinas 36-47.
  13. "Wolfgang Szaivert (*1950). Zusammenstellung numismatischer Schriften". Coingallery.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]