Wolfgang Köhler
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de xaneiro de 1887 Talín |
| Morte | 11 de xuño de 1967 Enfield |
| Presidente da Asociación Americana de Psicoloxía | |
| 1959 – 1959 | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade Humboldt de Berlín - doutoramento (–1909) Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn |
| Director de tese | Carl Stumpf |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Psicoloxía |
| Ocupación | psicólogo, produtor de cinema, realizador, filósofo, profesor universitario, científico |
| Empregador | Universidade de Gotinga Universidade Humboldt de Berlín |
| Membro de | |
| Obra | |
| Doutorando | Carl Gustav Hempel, Vilma Fritsch (pt) |
| Arquivos en | |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кёлер Вольфганг) Pedagogos e psicólogos do mundo, |
Wolfgang Köhler, nado en Reval (hoxe Talín), Estonia, o 21 de xaneiro de 1887 e finado nos Estados Unidos en 1967, foi un dos principais teóricos da psicoloxía da Gestalt, considerado o portavoz do movemento debido aos seus libros.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Estonia, daquela parte do Imperio Ruso, en 1887 e trasladouse ao norte de Alemaña, de onde eran orixinarios os seus pais, aos cinco anos. Estudou nas universidades de Tübingen, Bonn e Berlín, e doutorouse na Universidade de Berlín en 1909 baixo a supervisión de Carl Stumpf.
Despois pasou sete anos estudando o comportamento animal. En 1910, estableceu unha colonia de chimpancés nas Illas Canarias, documentando o seu traballo nun volume considerado un clásico, titulado The mentality of the apes (1917).
En 1920 escribiu o libro Static and stacionary physycal gestalts onde suxire que a teoría da Gestalt consistía nunha lei xeral da natureza que podería aplicarse amplamente a todas as ciencias.
En 1922, Köhler converteuse en profesor de psicoloxía na Universidade de Berlín.
En 1929, publicou Gestalt Psycology, unha descrición exhaustiva do movemento da Gestalt. Abandonou a Alemaña nazi en 1934 debido a diferenzas políticas.
En 1956, recibiu o Premio á Destacada Contribución Científica da APA, organización que o elixiu presidente en 1958.
Köhler faleceu en 1967 en Enfield, New Hampshire, Estados Unidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Wolfgang Köhler: biografía de este psicólogo alemán de la Gestalt". psicologiaymente.com (en castelán). 2018-06-22. Consultado o 2025-12-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wolfgang Köhler |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |