Wolfgang Fischer-Bossert
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1965 Tubinga, Baden-Württemberg. |
| País de nacionalidade | Alemán. |
| Educación | Universidade de Tubinga. Universidade de Colonia. Universidade de Bonn. |
| Tese académica | Cronoloxía da cuñaxe de didracmas de Tarento, 510-280 a.C. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía clásica. |
| Ocupación | arqueólogo, numismático |
| Empregador | Academia Austríaca de Ciencias, investigador posdoutoral (2016–) |
| Membro de | Instituto Arqueolóxico Alemán Instituto Arqueolóxico Austríaco. |
| Familia | |
| Pais | Franz Fischer |
| Premios | |
| - 2022: Medalla Huntington. - 2025: Medalla Eckhel. | |
Wolfgang Fischer-Bossert, nado en Tubinga en 1965, é un arqueólogo clásico e numismático alemán, especializado na moeda da antiga Grecia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Wolfgang Fischer-Bossert é fillo de Eva-Maria Bossert (1925-2013) e do prehistoriador Franz Fischer (1925-2016).[1]
Logo de cursar a súa educación secundaria no Uhland-Gymnasium de Tubinga, en 1984 comezou os seus estudos de Arqueoloxía Clásica, Historia Antiga e Arqueoloxía Bíblica e Cristiá na Universidade Eberhard Karls de Tubinga, que continuou posteriormente na Universidade de Colonia e na Universidade de Bonn. En 1990 acadou o seu mestrado en Tubinga e en 1994 o seu doutoramento en Bonn,[2] cunha tese titulada Chronologie der Didrachmenprägung von Tarent, 510-280 v. Chr. ("Cronoloxía da cuñaxe de didracmas de Tarento, 510-280 a.C.").[1]
Para o curso 1994-1995 recibiu a bolsa de viaxe do Instituto Arqueolóxico Alemán, e entre 1996 e 2000 foi relator no departamento de Atenas deste Instituto.[1][2] De 2002 a 2005, Fischer-Bossert beneficiouse de bolsas de investigación da Fundación Alemá de Investigación (DFG) e da Fundación Gerda Henkel. Entre 2006 a 2014 dedicouse ao comercio numismático en Múnic, en Zürich e en Chicago. A partir de 2015 comezou a involucrarse en diversos proxectos de investigación en Viena, e en 2018 habilitouse para a docencia na Universidade de Viena,[1] e exerce como profesor no Departamento de Numismática e Historia Monetaria desta Universidade.[3]
Desde 2016 é membro investigador da Academia Austríaca de Ciencias,[4] no Instituto para o Estudo da Cultura Antiga.[2]
Como arqueólogo, entre 1987 e 1989 e, posteriormente, en 1992, Fischer-Bossert participou na escavación de Ḫattuša, Turquía, e de 1998 a 2003 na escavación de Karatepe, que fora descuberta polo seu avó materno Helmuth Theodor Bossert en 1946.
En outubro de 2022 foi profesor invitado na Universidade de Orleáns, en Francia.[4]
Entre outras entidades académicas e sociedades eruditas, Fischer-Bosser é membro do Instituto Arqueolóxico Alemán e do Instituto Arqueolóxico Austríaco.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2022: Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[2][6]
- 2024: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca.[7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Wolfgang Fischer-Bossert é autor de decenas de artigos, recensións e colaboracións en obras colectivas. Estes son os traballos monográficos máis representativos publicados por el ao longo da súa traxectoria:[8][9][10][11]
- (1999). Chronologie der Didrachmenprägung von Tarent 510–280 v. Chr. De Gruyter, Berlín / Nova York. ISBN 3-11-016318-7
- (2008). The Athenian decadrachm. American Numismatic Society, Novaw York. ISBN 9780897223096
- (2013). Coins of the Holy Land. The Abraham and Marian Sofaer Collection at the American Numismatic Society and the Israel Museum (con Y. Meshorer e G. Bijovsky). American Numismatic Society, New York.
- (2017). Coins, Artists, and Tyrants. Syracuse in the Time of the Peloponnesian War. American Numismatic Society, New York. ISBN 978-0-89722-341-6
- (2020). Bemerkungen zum griechischen Münzrelief. Benaki Museum / Kikpe, Atenas. ISBN 978-960-476-278-1
- (2020). Cista mystica. Festschrift für Wolfgang Szaivert (con M. Baer e N. Schindel, eds.). Österreichische Forschungsgesellschaft für Numismatik, Viena. ISBN 978-3-9504268-2-3
- (2020). White Gold. Studies in Early Electrum Coinage (P. van Alfen, U. Wartenberg et al. eds.). American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0-89722-379-9.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Fischer-Bossert, Wolfgang (1965-)". Propylaeum-Vitae (sempub.ub.uni-heidelberg.de).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "The ANS Announces 2022 Huntington Medal Award to Wolfgang Fischer-Bossert". American Numismatic Society (Numismatics.org). 1 de xuño de 2023.
- ↑ "Dr. Wolfgang Fischer-Bossert, Privatdoz. MA". Universität Wien.
- ↑ 4,0 4,1 "Wolfgang Fischer-Bossert". ORCID.org
- ↑ "Wolfgang Fischer-Bossert". Österreichisches Archäologisches Institut (OAI.ac.at).
- ↑ "2022 Huntington Award to Wolfgang Fischer-Bossert, "Issuing Authority and Legal Tender in the Hellenistic World: Greek Exile Coinages"". American Numismatic Society (Numismatics.org).
- ↑ "Eckhel-Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).
- ↑ "PD Dr. Wolfgang Fischer-Bossert. Publikationen". Österreichische Akademie der Wissenschaften (oeaw.ac.at).
- ↑ "Fischer-Bossert Wolfgang". iDAI.bibliography zenon. Deutsches Archäologisches Institut (zenon.dainst.org).
- ↑ "Wolfgang Fischer-Bossert". Oeaw.academia.edu
- ↑ "Dr. Wolfgang Fischer-Bossert". Scholar.google.com
- Nados en 1965
- Nados en Tubinga
- Arqueólogos de Alemaña
- Numismáticos de Alemaña
- Galardoados coa medalla Huntington
- Galardoados coa medalla Eckhel
- Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán
- Alumnos da Universidade de Tubinga
- Alumnos da Universidade de Colonia
- Alumnos da Universidade de Bonn
- Profesores da Universidade de Viena
