Saltar ao contido

Wolfenstein 3D

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wolfenstein 3D
Tipovideoxogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticovideoxogo de disparos en primeira persoa Editar o valor en Wikidata
Modo de xogovideoxogo para un xogador Editar o valor en Wikidata
Motormotor Wolfenstein 3D Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aTom Hall Editar o valor en Wikidata
Compositor/aRobert Prince Editar o valor en Wikidata
Desenvolvedorid Software, Raven Software, Nerve Software e Interplay Entertainment Editar o valor en Wikidata
ProgramadorJohn Carmack Editar o valor en Wikidata
Temática
Universo ficticiouniverso de Wolfenstein Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Editorial3D Realms, Imagineer, Apogee Software, Interplay Entertainment, Valve Corporation, Activision, MacPlay, Manaccom, Bethesda Softworks, id Software, Atari e BAM! Entertainment Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aApogee Software, Steam, Humble Store, App Store, Microsoft Store e PlayStation Store Editar o valor en Wikidata
Formato de distribucióndisquete e distribución dixital Editar o valor en Wikidata
PlataformaGame Boy Advance, Super Nintendo Entertainment System, Atari Jaguar, Atari ST, AmigaOS, 3DO, Pocket PC, Xbox 360, PlayStation 3, Microsoft Windows, Acorn Archimedes, MS-DOS, Apple IIGS, Amiga 1200, iOS, IBM PC, Apple II, Atari TOS, MorphOS, Mac OS Classic, PC-98, RISC OS, Xbox, Linux e Android Editar o valor en Wikidata
Parte da serieWolfenstein Editar o valor en Wikidata
Clasificación
Clasificación PEGI
Contacto
Páxina WEBidsoftware.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0304947 Youtube: UCH1N1Vi5hSJb_vyKj8v0znA Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Wolfenstein 3D é un videoxogo shooter en primeira persoa desenvolvido por id Software e publicado por Apogee Software e FormGen. Publicado orixinalmente o 5 de maio de 1992 para MS-DOS, estivo inspirado polo videoxogo de 1981 Castle Wolfenstein de Muse Software. En Wolfenstein 3D o xogador toma o papel dun espía alidado William "B.J." Blazkowicz durante a segunda guerra mundial mentres escapa da prisión nazi do Castelo Wolfenstein e leva a cabo unha serie de misións contra os nazis. O xogador debe completar cada un dos niveis do xogo ata atopar un ascensor que o leva ata o seguinte nivel ademais de derrotar a varios xefes finais, loitando contra soldados nazis, cans gardiáns e outros inimigos usando coitelos, pistolas e outras armas de fogo.

Wolfenstein 3D foi o segundo título importante de id Software, tras a serie de episodios de Commander Keen. A mediados de 1991 o programador John Carmack comezou a experimentar elaborando un motor de xogo rápido en 3D restrinxindo a mecánica de xogo e o punto de vista a un único plano, producindo os prototipos Hovertank 3D e Catacomb 3-D. Tras unha sesión de deseño na que a compañía decidiu mudar a temática dos seus xogos próximos xogos cara a unha máis violenta, o deseñador e programador John Romero suxeríu facer unha nova versión do shooter de 1981 Castle Wolfenstein en forma de videoxogo de acción cun ritmo acelerado. Romero traballou no xogo xunto ó tamén deseñador Tom Hall, construíndoo sobre o motor desenvolvido por Carmack. O seu deseño foi un xogo rápido e violento, diferente da maioría de videoxogos para ordenador que existían naquela época. Wolfenstein 3D incluíu deseños artísticos de Adrian Carmack e efectos de son e música de Bobby Prince. O xogo publicouse por medio da distribuidora Apogee en dous conxuntos de tres episodios seguindo un modelo shareware, liberando gratuitamente o primeiro episodio para conseguir un maior interese en que a xente mercase o resto do xogo. Posteriormente publicouse un terceiro episodio adicional, Spear of Destiny, en formato de título independente por medio da distribuidora FormGen.

Wolfenstein 3D foi un éxito comercial e de crítica, obtendo numerosos premios e superando as 200 000 copias vendidas a finais do ano 1993. Está considerado coma un dos impulsores da popularidade do xénero de shooters en primeira persoa e por establecer o estándar de acción rápida e poderío técnico para moitos xogos posteriores do xénero, ademais de ser unha mosta da viabilidade do modelo de publicación shareware naquel entón. FormGen desenvolveu outros dous episodios adicionais para o xogo, mentres que Apogee publicou un paquete de máis de 800 niveis creados por afeccionados. Id Software nunca retomou a serie, pero si licenciou o motor do xogo para varios outros títulos antes de publicar o código fonte gratuitamente no ano 1995. A propia serie temática de xogos sobre Wolfenstein continou con varios títulos novos desenvolvidos por outras compañías dende o ano 2001.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]