Windows Live Messenger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Windows Live Messenger (antes coñecido como MSN Messenger) é un programa de mensaxería instantánea para Windows XP, Windows Vista, Windows 7, Windows Mobile e Mac OS X desenvolvido por Microsoft. É un dos servizos que ofrece Windows Live. A versión actual é a versión coñecida como Windows Live Messenger 2009 (Build 14.0.8050.1202) e foi lanzada ao público o 7 de xaneiro de 2009 (o mesmo día que a versión beta de Windows7 estivo dispoñíbel para os suscriptores de MSDN, TechNet e Connect).