Willy Rizzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Willy Rizzo
Willy Rizzo 2010.jpg
Nacemento22 de outubro de 1928
Lugar de nacementoNápoles
Falecemento25 de febreiro de 2013
Lugar de falecementoParís
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Ocupaciónfotógrafo, xornalista, fotoxornalista e deseñador
CónxuxeElsa Martinelli e Dominique Rizzo
Na rede
Discogs: 2915541 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Willy Rizzo, nado en Nápoles o 22 de outubro de 1928 e finado en París o 25 de febreiro de 2013, foi un fotógrafo coñecido polos seus retratos de famosos e a a súa vinculación co Festival de Cannes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Se ben naceu en Italia, nos anos 30 trasladouse coa súa nai a Francia. Cara o final da segunda guerra mundial, viaxou a Tunisia como reporteiro de guerra, e despois da mesma cubriu os Xuízos de Nuremberg.

Reconvertido en fotógrafo de famosos, a fama viulle pola súa cobertura de décadas do Festival de Cannes, xa desde a súa primeira edición no 1946. Centrado en retratos de famosos, especialmente actores, chegou a facer amizade con varios, e mesmo actuou nunha película do seu amigo Jack Nicholson.

O autor de cómics Hergé inspirouse nel para crear o personaxe de Walter Rizotto, o paparazzi que sae no cómic de As aventuras de Tintín, As xoias da Castafiore.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.