Willy DeVille
Willy DeVille | |
---|---|
![]() |
|
Nacemento | 25 de agosto de 1953 |
Orixe | Stamford, Connecticut ![]() |
Falecemento | 6 de agosto de 2009 (55 anos) |
Cónxuxe | Toots Deville |
[ editar datos en Wikidata ] |
Willy DeVille, nado en Stamford (Connecticut) o 25 de agosto de 1953 e finado en Nova York o 6 de agosto de 2009, foi un cantante e compositor estadounidense.
Primeiro coa súa banda Mink DeVille (1974-1985) e, máis tarde por libre, ao longo de 35 anos de carreira creou cancións enteiramente orixinais malia estaren enraizadas no estilo musical tradicional americano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
DeVille traballou con colaboradores de todo o espectro da música americana, incluíndo Jack Nitzsche, doc Pomus, Dr John, Mark Knopfler, Allen Toussaint, Eddie Bo, Brenda Lee, Los Camperos de Nati Cano, e David Hidalgo. A típica canción de Deville en calquera das súas músicas está chea de anhelos románticos. Os ritmos latino, riffs de blues, doo-WOP, música caxún, aires de cabaré francés, e ecos do principios dos 60 atópanse nas súas obras.
Mink DeVille foi a banda do histórico club neoiorquino CBGB, no que naceu o punk rock a mediados da década dos 70. Deville axudou a axustar o son de Brill Building, e despois da súa mudanza a Nova Orleans en 1988, axudou a desencadear o renacemento da música tradicional da cidade, o rithm & blues. As súas letras sentimentais e a exploración dos ritmos e sons americanos axudaron a definir un novo estilo musical, ás veces chamado "hispano-americano." Jack Nitzsche dixo de DeVille que era o mellor cantante co que chegara a traballar. Maila ser unha estrela en Europa, non foi moi coñecido nos Estados Unidos.
O crítico Robert Palmer escribiu sobre el en 1980:
Doc Pomus, membro do Salón da Fama do Rock and Roll e co cal compuxo varias cancións, escribiu sobre el:
DeVille morreu de cancro pancreático durante a noite do 6 de agosto do 2009 nun hospital de Nova York.