Willie Wallace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Willie Wallace
Willie Wallace 1971.jpg
Información persoal
Nacemento 23 de xuño de 1940
Lugar de nacemento Kirkintilloch
Posición dianteiro, dianteira e inside forward
Na rede
UEFA: 37411 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

William "Willie" Semple Brown Wallace, nado o 23 de xuño do 1940 en Kirkintilloch e tamén coñecido coma Wispie, foi un xogador e adestrador de fútbol escocés.

Comezou a súa carreira coma futbolista en 1958 no Stenhousemuir, marchando en 1959 ó Raith Rovers onde empezou a coller grande sona coma un bo goleador. Dese xeito, no 1961 asinou contrato co Hearts de Edimburgo onde sumou importantes éxitos na súa estadía ó longo de 5 tempadas completas. Desde aí pegaría o salto a un verdadeiro grande, chegando ó Celtic onde viviu unha época memorable sendo un daqueles sonados Lisbon Lions que quedaran campións de Europa no 1967. Na súa etapa verdibranca conseguiu sumar 134 goles en 232 partidos. Tralo seu paso durante 5 anos por Celtic Park foi traspasado no 1971 ó Crystal Palace londiniense volvendo ó seu país antes dun ano para xogar no Dumbarton FC. Despois e xa coa súa carreira futbolística víndose embaixo foi probar sorte a Australia ó Apia FC onde xa rematou as súas andainas de xogador.

Retornou a Escocia para xa coma adestrador dirixir ó Dundee FC. Tras isto volveu ó Apia agora xa coma adestrador, e quedou a vivir aló rexentando unha tenda deportiva.

Coa Selección escocesa de fútbol non puido amosar a grande cualidade que posuía para bater o marco rival, xogando 7 encontros mais sen facer un só tanto neles. No seu vagar polo conxunto nacional destaca a súa presenza no 2-3 en Wembley fronte a Inglaterra no 1967.