William Wallace Denslow
(1900) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de maio de 1856 Filadelfia |
| Morte | 29 de marzo de 1915 Knickerbocker Hospital |
| Causa da morte | pneumonía |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Kensico |
| Educación | Academia Nacional de Desenho (pt) Cooper Union |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Ilustración de libros e Caricatura |
| Ocupación | escritor de literatura infantil, escritor, artista de banda deseñada, ilustrador |
| Empregador | Light (en) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Iedereen Leest |
William Wallace Denslow, nado en Filadelfia o 5 de maio de 1856 e finado o 29 de marzo de 1915, foi un ilustrador e caricaturista estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É lembrado principalmente polas súas colaboracións co escritor Lyman Frank Baum, especialmente polos seus debuxos no libro O mago de Oz. As ilustracións de Denslow tiveron fortes cargas políticas, polo que o libro mencionado estivo sempre suxeito a numerosas interpretacións.
Estabeleceuse en Chicago, onde coñeceu a Baum. En 1902 a súa amizade con L. Frank Baum foi sacudida por unha pelexa entre ambos polas royaltys da adaptación ao cinema do Mago de Oz, e non volveron traballar xuntos. En calquera caso, as royaltys da película foron tales que permitiron a Denslow comprar unha illa. Morreu na escuridade por mor dunha pneumonía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: William Wallace Denslow |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hearn, Michael Patrick. “The Man Behind the Man Behind Oz: W.W. Denslow at 150”Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine.. 5 de xullo de 2006. (en inglés)