William Wallace Cleland
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de xaneiro de 1930 Baltimore |
| Morte | 6 de marzo de 2013 |
| Educación | Universidade de Wisconsin-Madison Oberlin College |
| Actividade | |
| Ocupación | bioquímico |
| Empregador | Universidade de Wisconsin-Madison |
| Membro de | |
| Obra | |
| Doutorando | Charles B. Grissom |
William Wallace Cleland, nado en Baltimore o 6 de xaneiro de 1930 e finado o 6 de marzo de 2013,[1] a miúdo citado como W. W. Cleland, e coñecido como "Mo Cleland",[2] foi un profesor de bioquímica da Universidade de Wisconsin-Madison. As súas investigacións trataron sobre os mecanismos das reaccións encimáticas e a cinética encimática,[3] especialmente de encimas con múltiples substratos. Foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos en 1985.
Vida e educación
[editar | editar a fonte]Recibiu o seu bacharelato en artes (A.B.) do Oberlin College en 1950 e o seu máster en ciencias (M.S.) e doutoramento (Ph.D.) da Universidade de Wisconsin-Madison en 1953 e 1955, respectivamente.[4] Era moi afeccionado á filatelia e foi premiado co Premio polos Logros dunha Vida en filatelia polo Instituto Smithsoniano en 2008. Cleland morreu o 6 de marzo de 2013 por unha caída no xeo.[5]
Carreira
[editar | editar a fonte]Despois de realizar investigacións posdoutorais na Universidade de Chicago volveu á Universidade de Wisconsin–Madison, onde foi profesor axudante en 1959. En 1962 ascendeu a profesor asociado e despois a profesor titular en 1966. Converteuse no J. Johnson Professor de Bioquímica en 1978, e no Steenbock Professor de Ciencias Químicas en 1982.[3]
Kresge, Simoni e Hill[6] presentaron un eloxio xeral da vida e carreira de Cleland.
Contribucións científicas
[editar | editar a fonte]Artigos
[editar | editar a fonte]As investigacións de Cleland centráronse no uso da cinética encimática para deducir mecanismos encimáticos, especialmente os implicados en transferencias de fosfo e acilo.[4] Foi pioneiro no estudo da cinética e mecanismos de encimas con máis dun substrato, e probablemente foi o primeiro en facer unha clasificación sistemática dos mecanismos e das correspondentes ecuacións cinéticas e da inhibición.[7][8][9] Baseándose nos seus traballos fixo estudos sobre a cinética encimática de varios encimas, incluíndo o intercambio de isótopos da creatina quinase.[10]
Foi un pioneiro no uso de computadores para analizar datos de cinética encimática,[11] e os seus programas Fortran que aplicaban as análises de Wilkinson,[12] que distribuía a todos os que llelos solicitaban, tiveron moita influencia.
Na última parte da súa carreira, Cleland contribuiu moito aos estudos do uso de efectos isotópicos cinéticos como ferramenta para dilucidar os mecanismos da catálise encimática.[13]
Foi o primeiro en usar o ditiotreitol para a redución de pontes disulfuro en proteínas, e o composto é denominado en consecuencia reactivo de Cleland.[14]
Libro
[editar | editar a fonte]Enzyme Kinetics and Mechanism (con P. F. Cook, 2007)[15]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1985 - Elixido membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos
- 1986 - Premio ao Académico Senior Fulbright[4]
- 1990 - Premio Merck (Sociedade Americana de Bioquímica e Bioloxía Molecular)[4]
- 1993 - Premio Alfred Bader de Química Bioinorgánica ou Bioorgánica (Sociedade Química Americana)[4]
- 1995 - Premio da Repligen Corporation en Química dos Procesos Biolóxicos (División de química biolóxica da Sociedade Química Americana)[4]
- 1999 - Premio Stein e Moore (Sociedade das Proteínas)[4]
- 2008 - Premio aos Logros dunha Vida en Filatelia, Instituto Smithsoniano[2]
- 2014 - 36º Simposio Steenbock, en honra da vida de W. W. Cleland[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "In Memoriam". National Academy of Sciences. Consultado o 8 de marzo de 2013.
- 1 2 "Cleland, W. Wallace "Mo"". Madison.com. 10 de marzo de 2013. Consultado o 12 de mazo de 2013.
- 1 2 Academic home page
- 1 2 3 4 5 6 7 "J. Biol. Chem. biographical article". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2007. Consultado o 28 de outubro de 2025.
- ↑ "Biochemistry Mourns the Loss of "Mo" Cleland". News 2013. Department of Biochemistry, UW-Madison. 6 de marzo de 2013. Consultado o 9 de marzo de 2013.
- ↑ Kresge; Simoni, Robert D.; Hill, Robert L. (2006). "Determining enzyme mechanisms by kinetic analysis: The work of W. Wallace Cleland". J. Biol. Chem. 281 (46): e37. doi:10.1016/S0021-9258(19)35036-7.
- ↑ Cleland, W.W (1963). "The kinetics of enzyme-catalyzed reactions with two or more substrates or products". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Specialized Section on Enzymological Subjects 67: 188–196. doi:10.1016/0926-6569(63)90227-X.
- ↑ Cleland, W.W (1963). "The kinetics of enzyme-catalyzed reactions with two or more substrates or products". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Specialized Section on Enzymological Subjects 67: 104–137. doi:10.1016/0926-6569(63)90211-6.
- ↑ Cleland, W.W (1963). "The kinetics of enzyme-catalyzed reactions with two or more substrates or products". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Specialized Section on Enzymological Subjects 67: 173–187. doi:10.1016/0926-6569(63)90226-8.
- ↑ Morrison, J.F.; Cleland, W.W. (1966). "Isotope Exchange Studies of the Reaction Catalyzed by Adenosine Triphosphate: Creatine Phosphotransferase". J. Biol. Chem. 241 (3): 673–683. doi:10.1016/S0021-9258(18)96891-2.
- ↑ Cleland, W. W. (1963). "Computer Programmes for Processing Enzyme Kinetic Data". Nature 198 (4879): 463–465. Bibcode:1963Natur.198..463C. PMID 14021666. doi:10.1038/198463a0.
- ↑ Wilkinson, GN (1961). "Statistical estimations in enzyme kinetics". Biochemical Journal 80 (2): 324–332. PMC 1244002. PMID 13785321. doi:10.1042/bj0800324.
- ↑ Cleland, W. W. (2007). "Use of isotope effects to determine enzyme mechanisms". Journal of Labelled Compounds and Radiopharmaceuticals 50 (11–12): 1006–1015. doi:10.1002/jlcr.1390.
- ↑ Cleland, W.W. (abril de 1964). "Dithiothreitol, A New Protective Reagent for SH Groups". Biochemistry 3 (4): 480–2. PMID 14192894. doi:10.1021/bi00892a002.
- ↑ Cook, Paul; Cleland, William Wallace (2007). Enzyme kinetics and mechanism. Londres: Garland Science. ISBN 978-0-8153-4140-6.
- ↑ "36th Symposium: Enzyme Structure and Function". University of Wisconsin–Madison. Consultado o 29 de agosto 2023.