William Wallace (matemático)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaWilliam Wallace

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1768 Editar o valor em Wikidata
Dysart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 1843 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGreyfriars Kirkyard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña (–1801)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometría Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , enxeñeiro , enxeñeiro civil , astrónomo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios

WikiTree: Wallace-17880

Willian Wallace, nado o 23 de setembro de 1768 e finado o 28 de abril de 1843, foi un matemático escocés e astrónomo que mellorou o pantógrafo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wallace naceu en Dysart en Fife,os seus pais eran Alexander Wallace, un fabricante de pel, e a súa muller, Janet Simson.[1] Recibiu a súa educación escolar en Dysart e Kirkcaldy.

En 1784 a súa familia trasladouse a Edimburgo, onde entrou como aprendiz dun encadernador de libros.[2] En 1790 aparece como "William Wallace, encadernador" vivindo e comerciando en Cowgatehead, no extremo leste do Grassmarket.[3]

O seu gusto polas matemáticas xa se desenvolvera, e aproveitou as súas horas de lecer así que, antes de completar a súa aprendizaxe, xa fixera considerables avances en xeometría, álxebra e astronomía. Ademais nos seus estudos tivo tamén a axuda de John Robison (1739-1805) e John Playfair, quen recoñeceron as súas habilidades. [2]

Despois de varios cambios , movido principalmente por un desexo de gañar tempo para o estudo, ingresou como profesor de axudante de matemáticas na Academia de Perth en 1794. Este posto cambiouno en 1803 por un máster en matemáticas na Universidade Militar Real en Great Marlow, posto no que se mantivo despois de trasladarse a Sandhurst, cunha recomendación por Playfair.[2]

En 1804 foi elixido un Socio da Sociedade Real de Edimburgo.[2] Os seus propoñentes foron John Playfair, Thomas Charles Hope e William Wright.[4]

En 1819 foi escollido para suceder John Playfair na cátedra de matemáticas en Edimburgo. A segunda cátedra de Playfair (en Filosofía Natural) foi ocupada por John Leslie.

Wallace desenvolveu unha excelente reputación como profesor. Entre os seus estudantes estivo Mary Somerville. En 1838 retírase da universidade debido á mala saúde.[2] Nos seus últimos anos viviu no nº6 de Lauriston Lane no sur de Edimburgo.[5]

Morreu en Edimburgo e foi enterrado en Greyfriars Kirkyard .

Contribucións matemáticas[editar | editar a fonte]

Nos seus primeiros anos Wallace foi un ocasional colaborador do Leybourne's Matemátical Repository e o Gentleman's Mathematical Companion. Entre 1801 e 1810 contribuíu con artigos en "Álxebra", "Seccións cónicas", "Trigonometría", e moitos outros tanto en matemáticas como en física na cuarta edición da Encyclopædia Britannica, e algúns destes foron mantidos en edicións seguintes desde a quinta á oitava. Foi tamén o autor dos artigos matemáticos principais na Edimburgh Encyclopædia, editada por David Brewster. Tamén contribuíu en moitos artigos importantes nas Transaccións da Sociedade Real de Edimburgo.[2]

O seu principal traballo foi no no campo de xeometría e en 1799 é o primeiro en publicar o concepto do recta de Simson, que erroneamente foi atribuído a Robert Simson.[6] En 1807 probou un resultado sobre polígonos cunha área igual, que máis tarde sería coñecido como o teorema de Bolyai–Gerwien .[7] Con todo, a súa contribución máis importante ás matemáticas británicas consistiu en ser un dos primeiros matemáticos que introduciron e promoveron a versión europea continental do cálculo infinitesimal na Gran Bretaña.

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Wallace tamén traballou en astronomía e modificou o pantógrafo, un dispositivo mecánico para realizar debuxos a escala[6][8]

Obra[editar | editar a fonte]

  • A Geometrical Treatise on the Conic Sections with an Appendix Containing Formulae for their Quadrature. (1838)
  • Geometrical Theorems and Analytical Formulae with their application to the Solution of Certain Geodetical Problems and an Appendix. (1839)

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Wallace caou con Janet Kerr (1775–1824).

A súa filla, Margaret Wallace, casou o matemático Thomas Galloway. Entre os seus fillos temos ao Reverendo Alexander Wallace (1803–1842) e Archibald C. Wallace (1806–1830).

Parece que tamén tivo un fillo William Wallace (1784–1864) cando só tiña16. A nai non é descoñecida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 02 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Chisholm 1911.
  3. Williamson's Edinburgh Directory 1790
  4. Copia arquivada (PDF). July 2006. ISBN 978-0-902198-84-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 02 de xullo de 2020. 
  5. Edinburgh and Leith Post Office directory 1835-36
  6. 6,0 6,1 O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. "William Wallace (matemático)". MacTutor History of Mathematics archive. University of St Andrews. .
  7. Ian Stewart: From Here to Infinity. Oxford University Press 1996 (3. edition), ISBN 978-0-19-283202-3, p. 169 (restricted online copy en Google Books.)
  8. Gerard L'Estrange Turner: Nineteenth-Century Scientific Instruments. University of California Press 1983, ISBN 0-520-05160-2, p. 280 (online copy en Google Books.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]