William S. Sadler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
William S. Sadler
William S Sadler 1914.jpg
Nacemento24 de xuño de 1875
Lugar de nacementoSpencer
Falecemento26 de abril de 1969
Lugar de falecementoChicago
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterIllinois State University
Ocupaciónpsicólogo, psiquiatra e cirurxián
CónxuxeLena Sadler
Coñecido porO Livro de Urântia
editar datos en Wikidata ]

William Samuel Sadler, nado en Spencer, Indiana, o 24 de xuño de 1875 e finado o 26 de abril de 1969, foi un cirurxián, psiquiatra autodidacta e autor que colaborou na publicación de The Urantia Book, libro que se considera resultado do tratamento dun home que do que Sadler acabou por crer que varios seres celestiais utilizaban para falar a través del, e que recadou un grupo de seguidores que se adicou a estudar as súas ensinanzas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sadler trasladouse a Míchigan sendo mozo para traballar alí no Sanatorio de Battle Creek. Alí coñeceu ó médico e promotor de comida saudable John Harvey Kellogg, quen se converteu no seu mentor. Sadler casou coa sobriña de Kellogg, Lena Celestia Kellogg, en 1897. Traballou para varias organizacións cristiás e asistiu a escola de medicina, graduándose en 1906. Practicou a medicina en Chicago xunto coa súa muller, tamén médica de profesión, uniuse a varias asociacións médicas e impartiu clases no Seminario Teolóxico McCormick.

Malia ser membro comprometido da Igrexa adventista do sétimo día durante case vinte anos, renegou da denominación cando esta expulsou a John Harvey Kellogg en 1907. Sadler e a súa muller pasaron a ser oradores no circuíto de educación para adultos Chautauqua en 1907, sendo un orador popular e ben pagado. Eventualmente escribiu máis de 40 libros sobre varios temas médicos e espirituais, promulgando unha visión holistica da saúde. Sadler eloxiaba o valor da relixión e da oración, mais aceptaba o consenso científico sobre a evolución.

En 1910 Sadler mudouse a Europa e estudou psiquiatría durante un ano baixo a tutela de Sigmund Freud. Nalgún momento entre 1906 e 1911 Sadler tratou a un paciente cunha afección do sono pouco común. Mentres este paciente durmía faloulle a Sadler afirmando ser un extraterrestre. Sadler pasou varios anos observando a este home procurando explicar o fenómeno, e eventualmente concluíu que non tiña ningún trastorno mental e que as súas palabras eran xenuínas. A identidade deste home nunca se publicou, mais a especulación histórica sinalou ó cuñado de Sadler, Wilfred Kellogg.

Durante varios anos Sadler e os seus asistentes visitaron ó home mentres este durmía, conversando con el sobre espiritualidade, historia e cosmoloxía. Un grupo de xente interesada no tema mantivo varias reunións na casa de Sadler, onde debatían as respostas do home e suxerían novas preguntas para facerlle. As palabras deste home acabaron por publicarse no libro titulado The Urantia Book, e creouse a Fundación Urantia para espallar a mensaxe recollida nel. Descoñécese quen escribiu e editou o libro, pero varios historiadores especularon con que Sadler tivo un papel de líder na súa publicación. Aínda que nunca chegou a converterse na base dunha relixión organizada, o libro atraeu a seguidores que se consagraron ó seu estudo, continuando o movemento trala morte de Sadler.

Obra seleccionada[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]