William Pitt, o Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Pitt, o Novo
Nacemento28 de maio de 1759
Lugar de nacementoKent
Falecemento23 de xaneiro de 1806
Lugar de falecementoLondres
SoterradoAbadía de Westminster
NacionalidadeReino de Gran Bretaña
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterPembroke College
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiWilliam Pitt
NaiHester Pitt, Countess of Chatham
IrmánsJohn Pitt, 2nd Earl of Chatham, Lady Harriet Pitt e Hester Stanhope, Viscountess Mahon
Na rede
WikiTree: Pitt-428 Find a Grave: 1270 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

William Pitt (alcumado o Novo), nado en Hayes (Kent) o 28 de maio de 1759 e finado en Putney (Surrey) o 23 de xaneiro de 1806, foi un político e estadista británico, primeiro ministro en dous períodos por un total de dúas décadas, ademais da persoa máis nova en ocupar ese cargo cando Xurxo III o nomeou á idade de 24 anos en 1783. Foi tamén ministro de facenda en tres ocasións e permaneceu entre 1781 e 1800 como membro da Cámara dos Comúns. Foi coñecido como o Novo para distinguilo do seu pai, William Pitt, o Vello.

Como xefe de goberno sentou as bases dunha nova etapa de propseridade despois da guerra de independencia estadounidense. Foi o principal dirixente do Estado durante a loita contra a Francia revolucionaria, adoptando numerosas leis represivas para impedir o contaxio revolucionario (Aliens Act ou Lei de estranxería de 1793, suspendendo o habeas corpus pola Habeas Corpus Act de 1794, Seditious Meetings Act e Treason Act en 1795, e Newspaper Publication Act de 1798), e atribúeselle a organización da Terceira Coalición trala ruptura polo Reino Unido da Paz de Amiens. Promoveu as Combination Laws de 1799-1800, que prohibiron calquera asociación con fins laborais.

A súa formación, orientada ao mundo da política, completouse na universidade de Cambridge e no Lincoln's Inn. Foi elixido membro do Parlamento en 1781 e uniuse a lord Shelburne, dirixente do grupo político ao que anteriormente estivera ligado o seu pai. Shelburne entrou no goberno en 1782 da man de lord Rockingham e pasou a ser primeiro ministro cando este faleceu tres meses despois. Pitt foi nomeado chanceler do Exchequer (ministro de facendo) no gabinete de Shelburne e propuxo diversas reformas do sistema administrativo e parlamentario. Abandonou o goberno xunto con Shelburne en abril de 1783, mais en decembro dese mesmo ano o rei Xurxo III nomeouno primeiro ministro, cargo que ocupou durante dezaoito anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]