William Pearse
William Pearse | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de novembro de 1881 |
Lugar de nacemento | Dublín |
Falecemento | 4 de maio de 1916 |
Lugar de falecemento | Kilmainham Gaol |
Causa | ferida por arma de fogo |
Soterrado | Arbour Hill Cemetery |
Nacionalidade | Irlanda |
Ocupación | político |
Pai | James Pearse |
Nai | Margaret Pearse |
Irmáns | Patrick Pearse e Margaret Mary Pearse |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
William "Willie" Pearse ou Liam Mac Piarais (en irlandés), nado o 15 de novembro de 1881 en Dublín (Irlanda) e finado o 4 de maio de 1916 na prisión de Kilmainham Gaol[1] foi un republicano irlandês que loitou no Alzamento de Pascua e foi posteriormente executado polos británicos pola súa participación na revolta. Era o irmán máis novo do Patrick Pearse, un dos mentores e líderes do Alzamento.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Willie Pearse naceu en Dublín e pasou a súa vida á sombra do seu irmán, de quen era un grande admirador e co que mantiña unha relación particularmente estreita. Preparouse para traballar no oficio do seu pai, mais deixouno para axudar ao sei rimán Patrick en St. Enda's School, que fundou en 1908. Participou nas obras e no teatro de St. Enda's e axudou á súa fundación.
Seguindo os pasos do seu irmán, Willie alistouse nos Voluntarios Irlandeses e no movemento republicano. Tamén tomou parte no Alzamento de Pascua de 1916, cando permaneceu xunto ao seu irmán na Oficina Xeral de Correos. Logo da rendición foi xulgado por un consello de guerra e condenado a morte, sendo fusilado o 4 de maio dese mesmo ano na prisión de Kilmainham Gaol. Díxose que a súa participación no Alzamento fora mínima e que foi condenado polo seu apelido, do mesmo xeito, no xuízo esaxerou a súa participación no Alzamento.
O 3 de maio, Willie Pearse recibiu o permiso para visitar ao sei irmán na prisión antes de que o executaran e que puideran verse por última vez, con todo, mentres Willie estaba en camiño, o seu irmán Patrick foi executado. Willie foi executado ao día seguinte.
En 1966, a estación de Westland Row de Dublín fou rebautizada co nome de Estación Pearse en honor a Willie e o seu irmán Patrick.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Piaras F. Mac Lochlainn, Last Words, The Stationery Office (Dublin), ISBN 0 7076 0101 0, pg.76
- ↑ "Easter Rising" (en "Alzamento de Pascua" - 1916