Billy Mills

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "William Mills")
Billy Mills
BillyMills cropped.jpg

Mills nos xogos de Toquio de 1964.
Información persoal
Alcume Billy
Nacionalidade Pine Ridge Flag.svg Lakota
Nacemento 30 de xuño de 1938 (77 anos)
Reserva india de Pine Ridge
Alma mater Haskell Indian Nations University
Universidade de Kansas
Deporte
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Deporte 10.000 m
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Toquio 1964 10.000 m

William Mervin "Billy" Mills, tamén coñecido polo seu nome nativo Makata Taka Hela, nado na reserva india de Pine Ridge o 30 de xuño de 1938, é un atleta nativo americano da tribo sioux dos Oglagla Lakota. É o segundo nativo americano (despois de Jim Thorpe) en conseguir unha medalla de ouro nuns Xogos Olímpicos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Billy Mills.jpg

Orfo á idade de 12 anos, practicaba o boxeo e as carreiras. Finalmente abandonou o boxeo e adicouse a correr. Estudou na Universidade de Kansas e a continuación ingresou no corpo dos Marines dos Estados Unidos, onde obtivo a cualificación para participar nos Xogos Olímpicos de Toquio en 1964.

O favorito dos 10.000 m era o australiano Ron Clarke que posuía o record mundial. A dúas voltas do remate da carreira, tres corredores ían en cabeza: o tunesino Mohammed Gammoudi, o favorito Ron Clarke e Billy Mills. A 300 metros da meta o tunesino colle algúns metros de distancia pero é inmediatamente alcanzado polos seus perseguidores. Neste momento, Billy Mills lanza un ataque e acada a vitoria, quedando segundo Mohammed Gammoudi e terceiro o etíope Mamo Wolde. Ron Clarke non puido soportar o ataque e non logrou ningunha medalla. Mills rebaixou en case 50 segundos a súa propia marca e estableceu un novo récord Olímpico (28:24.4).

Máis tarde Mills estableceu os récords estadounidenses para os 10.000 m, nas 3 millas e en 1965 bateu o récord do mundo nas 6 millas. A vida de Billy Mills foi levada ao cine en 1984 no filme Running Brave, protagonizado por Robby Benson. Actualmente, Mills é o portavoz da asociación 'Running Strong' pola Xuventude India Americana que traballa en proxectos a prol dos indios americanos, en especial da xuventude.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]