William Kennedy Dickson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Kennedy Dickson
Nacemento3 de agosto de 1860
Lugar de nacementoLe Minihic-sur-Rance
Falecemento28 de setembro de 1935
Lugar de falecementoTwickenham
NacionalidadeReino Unido, Estados Unidos de América e Francia
Ocupacióninventor, director de cinema, produtor de cinema, director de fotografía, actor, fotógrafo, enxeñeiro, cámara, realizador e guionista
IrmánsAntonia Dickson
Na rede
IMDB: nm0005690 Allocine: 17132 Rottentomatoes: celebrity/wkl_dickson WikiTree: Dickson-3949 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

William Kennedy Laurie Dickson (Francia, 1860Londres, 1935), director cinematográfico, fotógrafo e enxeñeiro anglo-francés.

Creceu en Inglaterra pero, en canto alcanzou a madurez, viaxou aos Estados Unidos para buscar fortuna coa compañía de Thomas Edison.

Dickson era un fotógrafo afeccionado e seguira o traballo de varios pioneiros na procura do que logo habería de ser o cine. Durante o seu emprego no laboratorio de Thomas Alva Edison, en Menlo Park, Dickson tivo a oportunidade de investigar os xeitos de rexistrar o movemento na película fotográfica, inspirándose ao principio, en métodos similares á forma en que o fonógrafo de Edison gravaba o son. Os primeiros esforzos involucraron un tambor que viraba iluminado por unha luz estroboscópica.

Foi capaz, en 1890, de crear unha cámara e un visor que utilizaban tiras longas de película para capturar o movemento en marcos individuais. En 1891, Edison arquivou unha patente para o invento, que recibiu o nome de kinetoscopio.

A mediados da década de 1890, os salóns con kinetoscopios volvéronse un entretemento popular mediante o cal os norteamericanos coñeceron por primeira vez as películas con movemento. Dickson empezou traballando nun proxector para que puidesen despregarse as películas ao mesmo tempo para grandes grupos.

Logo de separarse de Edison, fundou a súa propia compañía e creou unha cámara xunto co sistema proxector. A compañía, denominada American Mutoscope and Biograph Company, lanzou as súas propias películas e no futuro converteuse nun dos máis grandes estudos de cine do seu tempo.

Dickson volveu a Londres en 1897 e, logo de viaxar e rodar películas durante varios anos, abandonou a industria cinematográfica para converterse en enxeñeiro eléctrico. Considerado un dos pais do cine, faleceu en 1935.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]