William Ellison-Macartney
![]() William Ellison-Macartney (antes de 1925). | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | William Grey Ellison-Macartney 7 de xuño de 1852. Dublín, Irlanda. |
Morte | 4 de decembro de 1924 (72 anos) Chelsea, Londres, Inglaterra. |
Cargos | |
![]() Membro do Parlamento do Reino Unido | |
Período | 1885-1903 |
Director da Royal Mint | |
Período | 1903-1913 |
Antecesor | Horace Seymour |
Sucesor | Thomas Elliott |
Gobernador de Tasmania | |
Período | 1913-1917 |
Antecesor | Henry Barron. |
Sucesor | Francis Newdegate. |
Gobernador de Australia Occidental | |
Período | 1917-1920 |
Antecesor | Henry Barron. |
Sucesor | Francis Newdegate. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Ideoloxía política | Unionismo, conservadorismo, masonaría. |
Educación | Universidade de Oxford. |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres ![]() |
Ocupación | Político, alto funcionario. |
Empregador | Parlamento do Reino Unido. Royal Mint. |
Partido político | Partido Unionista Irlandés. |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Ettie Myers Scott. ![]() |
Fillos | 3 ![]() |
Pais | John William Ellison. ![]() ![]() |
Premios | |
1912: Comendador da Orde de San Miguel e San Xurxo. | |
Descrito pola fonte | Thom's Irish Who's Who (en) ![]() Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 Men-at-the-Bar ![]() |
![]() | |
Lista
Lista
|
William Ellison-Macartney, nado en Dublín o 7 de xuño de 1852 e finado en Chelsea, Londres, o 4 de decembro de 1924, foi un político británico de orixe irlandesa, que ocupou os cargos de gobernador de Tasmania e de Australia Occidental, e de Deputy Master of the Mint.[1]
Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Nado como William Grey Ellison en 1852 en Dublín, Irlanda,[2] era fillo de Elizabeth Phoebe Porter e de John William Ellison, un deputado conservador na Cámara dos Comúns do Reino Unido. O seu pai cambiou o apelido familiar a Ellison-Macartney en 1859, como condición dunha herdanza dun tío materno.[3]
Ellison-Macartney cursou os seus estudos no Eton College e posteriormente no Exeter College da Universidade de Oxford, e desde moi novo interesouse polo dereito e pola política.[3] En 1878 colexiouse como avogado.[4]
Foi un fervente partidario do unionismo irlandés e chegou a ser gran secretario da Orde de Orange en Irlanda.[5]
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Nas eleccións xerais británicas de 1885, Ellison-Macartney presentouse á Cámara dos Comúns e foi elixido membro conservador pola circunscrición electoral de South Antrim, que se acababa de crear. En xaneiro de 1886, convocou unha reunión que deu lugar á formación do Partido Unionista Irlandés, do que foi voceiro.[5]
En 1895, Ellison-Macartney foi nomeado secretario parlamentario e financeiro do Almirantado, cargo que ocupou ata 1890, cando unha remodelación do gabinete deu lugar ao nomeamento do unionista liberal H. O. Arnold-Forster. Nese momento Ellison-Macartney foi nomeado membro do Consello Privado.[5]
Coa esperanza de reafirmar o seu lugar na xerarquía lealista, Ellison-Macartney dirixiu unha campaña de «lei e orde», dirigida en particular contra a violencia e os delitos agrarios cometidos pola Liga Irlandesa Unida de William O'Brien.[6] Retirouse da política a principios de febreiro de 1903, logo de que se lle ofreceran varios nomeamentos gobernamentais.[5]
Carreira na Administración
[editar | editar a fonte]Director da Real Casa da Moeda
[editar | editar a fonte]Ellison-Macartney foi nomeado Deputy-Master of the Mint —un cargo equivalente ao de director da Real Casa da Moeda do Reino Unido— en xaneiro de 1903—,[7] logo do faclecemento do seu antecesor, Horace Seymour, o ano anterior. Desempeñou este posto ata a súa dimisión en 1913.[2][4]
Durante o mesmo período exerceu tamén como Alto Shériff de Antrim, en 1908.[8]
Gobernador de Tasmania
[editar | editar a fonte]O motivo da súa dimisión na Royal Mint foi o seu nomeamento, en decembro de 1912, como gobernador do Estado australiano de Tasmania, e Cabaleiro Comendador da Orde de San Miguel e San Xurxo. Este nomeamento suscitou gran inquedanza entre os nacionalistas irlandeses, que consideraban que os antecedentes políticos unionistas de Ellison-Macartney poderían ofender os tasmanos partidarios da autonomía irlandesa.[5]
En 1914, Ellison-Macartney presidiu unha disputa constitucional na Asemblea de Tasmania. Cos partidos Laborista e Liberal a piques de chegar a un punto morto no Parlamento, concedeu unha elección anticipada ao primeiro ministro liberal de Tasmania, Albert Solomon. Os liberais acadaron un escano máis, necesario para conservar o poder, mais perderon outro nunha elección parcial posterior. Ellison-Macartney rexeitou a petición de Solomon de que se disolvese de novo o Parlamento e pediulle ao laborista John Earle que formase goberno, coa condición de que se convocasen eleccións.[9] Despois da toma de posesión de, ningunha das partes quixo celebrar eleccións, polo que o Parlamento ficou en sesión e o secretario de Estado para as Colonias anulou as recomendacións de Ellison-Macartney.[5]
Gobernador de Australia occidental
[editar | editar a fonte]Do mesmo xeito que Harry Barron antes ca el, e Francis Newdegate despois, Ellison-Macartney foi trasladado como gobernador de Tasmania a Australia Occidental. O seu mandato alí non foi feliz: os seus comentarios críticos sobre os políticos de Tasmania fixeran que os australianos desconfiasen da súa actitude, e tivo que se enfrontar á depresión económica do estado logo da primeira guerra mundial, e ás continuas obxeccións á súa postura unionista por parte dos partidarios da autonomía irlandesa.[3]
Ellison-Macartney regresou a Inglaterra logo dun mandato de tres anos.
Vida familiar
[editar | editar a fonte]O 5 de agosto de 1897 casou en Holcombe, Somerset, con Ettie Myers Scott, irmá de Robert Falcon Scott, o explorador da Antártida.[5] Tiveron tres fillos:[5] as dúas fillas eran Phoebe (nada en 1898) e Mildred (nada en 1900), e o fillo John. Phoebe morreu en 1918, aos 20 anos, como consecuencia dun accidente de equitación en Perth, Australia.
William Ellison-Macartney finou en Chelsea, Londres, o 4 de decembro de 1924, aos 72 anos.[3][10]
Masonaría
[editar | editar a fonte]Ellison-Macartney era masón. Foi iniciado o 6 de xuño de 1872 na Loxa Universitaria Apollo 357, a véspera do seu vixésimo aniversario. En 1877, cando regresou a Irlanda, converetuse en membro da Loxa Cappagh 350 e, posteriormente, da Loxa Concord 332. Por último, foi un dos fundadores da nova Loxa Border 482 o 25 de abril de 1889. Cando foi nomeado gobernador de Tasmania, aceptou o posto de gran mestre da Gran Loxa de Tasmania e foi investido o 19 de febreiro de 1914. Tamén foi nomeado gran mestre da Gran Loxa de Australia Occidental durante o seu mandato como gobernador do estado.[5][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Macartney, Right Hon. Sir Wm. Grey Ellison". En Thom's Irish Who's Who. 1923, Dublín.
- ↑ 2,0 2,1 Forrer, L. (1923).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Sir William Grey Ellison-Macartney 1917-1920". Constitutional Centre of Western Australia (wa.gov.au).
- ↑ 4,0 4,1 "Dictionary of New Ulster Biography of Sir William Grey Ellison-Macartney (1852-1924)", Dictionary of New Ulster Biography (Newulsterbiography.co.uk).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Roe, M (1986).
- ↑ Jackson, A. (1989). The Ulster Party: Irish Unionists in the House of Commons, 1884-1911. Oxford University Press. Páxinas 246-247. ISBN 0-19-822288-2
- ↑ "New Deputy-Master of the Royal Mint". En The Times. Nº 36972. Londres. 8 de xaneiro de 1903. Páxina 7.
- ↑ Representative British Freemasons. Kessinger Publishing. 2003. Páxina 24. ISBN 0-7661-3589-6
- ↑ Eldershaw, P. R. (1958). Guide to the Public Records of Tasmania. Section 2. Governor's Office. Archives Office of Tasmania.
- ↑ 'Obituary'. En The Times. 6 de decembro de 1924. Páxina 15.
- ↑ "KentHenderson". Kenthenderson.com.au
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Forrer, L. (1923). "Ellison Macartney, Sir William Grey". Biographical dictionary of medallists. Vol. 7. Spink & Son, Londres. Páxina 251.
- Craig, John (2010) [1953]. The Mint: a History of the London Mint from A.D. 287 to 1948. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-17077-2
- Roe, M (1986). "Macartney, Sir William Grey Ellison (1852-1924)". En Australian Dictionary of Biography, Volume 10, Melbourne University Press. Páxina 202.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Horace Seymour |
Director da Real Casa da Moeda do Reino Unido 1903-1913 |
Sucesor: Thomas Elliott |