Wilkes-Barre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWilkes-Barre
Imaxe

Nomeado en referencia aJohn Wilkes (pt) Traducir e Isaac Barré (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°14′40″N 75°52′41″O / 41.2444, -75.8781Coordenadas: 41°14′40″N 75°52′41″O / 41.2444, -75.8781
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoPensilvania
CondadoCondado de Luzerne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación44.328 (2020) Editar o valor em Wikidata (2.341,54 hab./km²)
Número de fogares15.467 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaWyoming Valley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie18,931143 km² Editar o valor em Wikidata
Auga4,5022 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude160 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1769 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoGeorge C. Brown (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal18711 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Sitio webwilkes-barre.pa.us Editar o valor em Wikidata

Wilkes-Barre é unha cidade situada no estado estadounidense de Pensilvania, próxima a Scranton, no condado de Luzerne.

Historia[editar | editar a fonte]

A principios do século XVIII o val de Wyoming estaba habitado por tribos de nativos americanos Shawnee e Lenape. En 1769 un grupo de europeos, liderado por John Durkee, converteuse no primeiro asentamento non nativo en chegar á zona. Foi chamado Wilkes-Barre en honra a John Wilkes e Isaac Barré, dous membros do Parlamento británico que apoiaron a colonización de terras de ultramar que máis tarde se converteron en Estados Unidos.

A comunidade inicialmente estivo do lado de Connecticut, que reclamou a propiedade desas terras contra o seu rival Pensilvania. Un grupo de homes armados leais a Pensilvania tentou dúas veces expulsar aos habitantes de Wilkes-Barre nas chamadas Guerras da Pennamita. Despois da Guerra de Independencia dos Estados Unidos, o asunto resolveuse cun compromiso: os veciños obtiveron a propiedade da terra ao aceptar anexionala a Pensilvania.

Fundación e Industria[editar | editar a fonte]

A poboación de Wilkes-Barre aumentou significativamente tras o descubrimento dun depósito de antracita a principios do século XIX, o que deu á cidade o alcume de "A Cidade Diamante". Centos de miles de inmigrantes invadiron a cidade atopando traballo nas numerosas minas xurdidas en pouco tempo. Foi fundada en 1769, incorporada en 1806 e oficialmente recoñecida como cidade en 1871[1].

Século XX[editar | editar a fonte]

A industria mineira sobreviviu a numerosos desastres que provocaron a morte de moitos mineiros. Estes inclúen a explosión da Baltimore Colliery en 1919, que causou a morte de 92 traballadores. Porén, a industria do carbón non sobreviviu ao descubrimento doutras fontes de enerxía que substituíron aos poucos este combustible. A maioría das compañías abandonaron Wilkes-Barre ao final da Segunda guerra mundial e en 1959, após o Desastre da mina Knox a cidade entrou nun declive que durou varias décadas, acelerado polo furacán Agnes en 1972[2].

Inundación desastrosa[editar | editar a fonte]

As fábricas e tendas seguiron sendo as principais actividades de Wilkes-Barre, pero a economía da cidade alcanzou o seu punto máis baixo tras o furacán que a azoutou en 1972. As augas do río Susquehanna alcanzaron o nivel duns doce metros, 1,5 metros por riba do nivel da cidade, alcanzando unha altura duns 3 metros no centro da cidade. Seis persoas perderon a vida e 25.000 vivendas e locais comerciais e industriais resultaron danados ou destruídos. Os danos estimáronse en mil millóns de dólares e o presidente Richard Nixon fixo que o Congreso concedese axuda inmediata para a zona afectada.

Entre 1972 e finais de 1980, Wilkes-Barre comprometeuse a reparar os danos mediante a reconstrución dos edificios destruídos ou danados e elevando as marxes do río até a máxima altura alcanzada polo mesmo nesa ocasión. Esta disposición resultou útil durante as choivas de 1996, 2004 e 2006.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo estadounidense do ano 2000, a súa poboación era de 43.123 habitantes.[3] En 2006, estimouse unha poboación de 41.288 habitantes,[4] un descenso de 1.835 (-4,3%). Na localidade naceron importantes científicos como o físico cuántico David Bohm e o Premio Nobel de Física de 1997 William Daniel Phillips.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos (USCB), ten unha superficie de 18,6 km², dos cales 17,7 km² cubertos por terra e 0,9 km² cubertos por auga.

Localidades veciñas[editar | editar a fonte]

Nun radio de 4 km arredor de Wilkes-Barre encóntranse as localidades de Wilkes-Barre Township, Pringle, Edwardsville, Kingston, Laurel Run e Ashley.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "City Facts & Figures ; Wilkes-Barre". www.wilkes-barre.city. Consultado o 2022-07-17. 
  2. "Wilkes-Barre Preservation Society presents “Agnes” Documentary Film - The F.M. Kirby Center for the Performing Arts". www.kirbycenter.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2022. Consultado o 2022-07-17. 
  3. "U.S. Census Bureau. Census 2000 Summary File 1". Arquivado dende o orixinal o 2010-01-11. Consultado o 2007-11-05. 
  4. "U.S. Census Bureau. Estimativa da poboación (xullo de 2006)". www.census.gov. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 5 de novembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Principais áreas urbanas do Estado americano de Pensilvania
Capital Harrisburg
Principais cidades Allentown | Altoona | Bethel Park | Bethlehem | Chester | Erie | Harrisburg | Lancaster | Levittown | Mount Lebanon | Nova Cumberland | Norristown | Penn Hills | Philadelphia | Pittsburgh | Reading | Scranton | State College | Wilkes-Barre | York