Wilbur Scoville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wilbur Scoville
Scoville, Wilbur Prof med.jpg
Wilbur Scoville en 1910
Datos persoais
Nome completoWilbur Lincoln Scoville
Nacemento22 de xaneiro de 1865
LugarBridgeport, Connecticut, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento10 de marzo de 1942 (77 anos)
LugarGainesville, A Florida, Estados Unidos de América Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos de América
Nacionalidadeestadounidense
Actividade
CampoFarmacéutico
PremiosRemington Medal
editar datos en Wikidata ]

Wilbur L. Scoville, nado en Bridgeport (Connecticut) o 22 de xaneiro de 1865 e finado en Gainesville (Florida) o 10 de marzo de 1942, foi un químico estadounidense coñecido por crear a escala Scoville de recoñecemento organoléptico. Desenvolveu a escala e fixo as probas en 1912 mentres traballaba na compañía farmacéutica Parke-Davis para determinar o grao de picante dos pementos.

En 1922, Scoville gañou o premio Ebert da American Pharmaceutical Association e en 1929 recibiu a medalla de honra Remington. Scoville tamén recibiu o doutoramento honorario en ciencias da Universidade de Columbia.

Scoville escribiu The Art of Compounding, que foi publicado por vez primeira en 1895 e foi editado oito veces. O libro usouse coma referencia farmacolóxica até a década de 1960. Scoville tamén escribiu Extract and Perfumes, con centos de fórmulas de perfumes e esencias.

Obtivo dous premios da APhA:

  • The Ebert Prize en 1922 "... en recoñecemento aos autores do mellor informe orixinal e investigación sobre unha substancia medicinal..."
  • Remington Honor Medal en 1929, o lauro máis salientábel da APhA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]