Wikipedia en inglés simple

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia en inglés simple
Logo da Wikipedia en inglés simple.
Portada da Wikipedia en inglés simple.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasInglés básico
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamentosetembro de 2001
Na rede
https://simple.wikipedia.org/

A Wikipedia en inglés simple, como o propio nome xa di, usa a lingua inglesa na súa forma máis simple e accesíbel ao usuario que non ten esa lingua como lingua nai. Os artigos da Wikipedia en inglés simple poden ser usados ​​para axudar en tarefas escolares ou soamente para o desfrute de aprender sobre novas ideas. Wikipedistas con pouco coñecemento do inglés tamén poden traducir a partir dos artigos dela.

Esta versión da enciclopedia contén 250.838 artigos e 1.439.519 usuarios, dos cales 1.583 son activos.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Artigos da Wikipedia en inglés simple conteñen menos palabras e gramática máis doada que a Wikipedia en inglés común. A Wikipedia en inglés simple serve para persoas con diferentes necesidades, como estudantes, nenos, adultos con dificultade de aprendizaxe e estudantes de inglés. Outras persoas empregan esta Wikipedia porque a súa linguaxe simple lles axuda a comprender ideas científicas ou complexas.

Cando a Wikipedia en inglés simplificado comezou, a Wikipedia en inglés común xa tiña 150.000 artigos, e sete Wikipedias noutras linguas tiñan cada unha máis de 15.000 artigos. Xa que as outras Wikipedias teñen actualmente tantos artigos, a maior parte dos artigos en inglés simplificado están traducidos doutras Wikipedias, é dicir, dificilmente son creados novos artigos para esta Wikipedia.

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]