O 17 de xaneiro de 2004 Agremon usa por primeira vez o termo Galipedia para referirse á Wikipedia en galego.
O Xornal da Galipedia é un medio para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Co Xornal preténdense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores. Hai un ano, o 1 de setembro de 2005, a Wikipedia en galego tiña 8.139 artigos; 365 días despois aumentaran ata 17.505 —máis do dobre—. O número de editores tamén aumentou considerablemente e a enciclopedia comeza a acadar un nivel de calidade aceptable. Neste últimos doce meses tamén se consolidou unha comunidade galega en Commons e recuperáronse, en parte, outros dos proxectos da Wikipedia en galego —Galizionario (dicionario), Wikisource (documentos), Galicitas (citas), Galilibros (libros)—. Queda moito traballo por facer; así e todo, os primeiros froitos da dedicación de ducias de persoas comezan a recollerse.
Galipedia
Proxectos en galego
Commons é un proxecto multilingüe da Fundación Wikimedia que serve como repositorio de imaxes de uso común. Hai un xerme de estrutura en galego para a localización de ficheiros e tamén material de axuda dispoñible na nosa lingua. Lmbuga, un dos nosos compañeiros, é administrador alí. En Commons só poden cargarse imaxes que permitan obras derivadas e uso comercial. Os usuarios galegos poden consultar o artigo Commons:Obras derivadas, onde hai unha explicación do significado deste concepto. Para o seguimento das imaxes procedentes de Commons dispoñemos de Wikipedia:CommonsTicker que informa periodicamente dos cambios.
Debates abertos
Algunhas das decisións pendentes:
Termigal: proposta de colaboración con este servizo de consultas terminolóxicas.
Espazos de nomes: decisión sobre os nomes galegos das diversas seccións coas que identifica MediaWiki, o software que utiliza a Galipedia, os artigos, as páxinas de discusión, as referidas á Wikipedia, etc.
Categoría Música: é preciso tomar a decisión final sobre a árbore de categorías deste tema.
Agremon foi o primeiro usuario galego en rexistrarse na Galipedia. O 22 de xullo de 2003 —catro meses despois da creación do wiki— comezou a traballar para que a versión en galego botase a andar, foi quen lle puxo nome e a cara visible deste proxecto nos medios.
Tarefas pendentes
Axúdanos a reducir os 3.400 artigos da categoría En progreso. Podes escribir un parágrafo para os artigos dos concellos, inserir unha entrada nás páxinas de anos ou días, completar un dato en calquera dos artigos, inserir unha imaxe ou mellorar o formato.
Páxinas de discusión
Algúns temas abertos en páxinas de discusión, axúdanos a pechalos:
Lagarta: "Penso que o contido deste artigo está a mezclar lagartas con gecko..." (Xosé)
Lingua: "¿Por que se fala do galego nunha páxina que está dedicada ás linguas en xeral?..." (Palen2)
Bispo: "Creo que ese dato de que o 90% dos bispos foron de fóra de Galiza, debería referenciarse..." (Xabier Cid)