Wikipedia:Votacións para borrar/Daniel Pérez Sotelo
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Artigo sen importancia aparente, non neutral e promocional (con frases coma "un dos principais referentes do futuro do cinema a nivel internacional"). Fálase de certames internacionais, dos que non se di o nome nin se aportan referencias. A isto súmaselle que se trata dun conflito de intereses, por tratarse dunha autobiografía.
- Borrar
- Borrar. --JaviP96 27 de xuño de 2013 ás 21:44 (UTC)[responder]
- Borrar autopromoción clara, ver historial de edicións. --Norrin_strange (Fala-me) 28 de xuño de 2013 ás 09:11 (UTC)[responder]
- Borrar --Breogan2008 (conversa) 28 de xuño de 2013 ás 09:48 (UTC)[responder]
- Borrar É un caso clarísimo de borrado. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 28 de xuño de 2013 ás 15:10 (UTC)[responder]
- Borrar --Xas (conversa) 28 de xuño de 2013 ás 17:10 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 28 de xuño de 2013 ás 20:34 (UTC)[responder]
- Manter
# Discordo O artigo xa ten as referencias necesarias para seguir publicado e non é ningunha autopromoción—o anterior comentario sen asinar foi feito por Danips98 (conversa • contribucións)(Voto riscado porque o editor non chega ao mínimo de edicións necesario para participar nunha votación.)
- Neutro
- Comentarios
Comentario Xa engadin o documento ,como referencia 1 e 2, da selección de ′′La Bomba′′ no ouff, mira pax. 8.--Danips98 (conversa) 28 de xuño de 2013 ás 15:40 (UTC)[responder]
Comentario Xa dixen que as curtas foron seleccionadas para a selección non oficial ,fora de competición que non aparece no programa de Washintong pero si queredes mándovos o papel oficial da selección (porei outra referencia máis clara no artigo antes dunha hora). En canto ao ouff non atopei o programa do ano 2012 das seleccións paralelas, e acabo de darme de conta que puxen o do 2012 e o que é e o do 2011, como xa pon no artigo, en canto atope o do 2011 xa o cambio. Eu non dixen que non fora Daniel...pero vexo eso completamente irrelevante xa que os datos son os que son, e se o artigo non vale ,pois borrádeo e xa esta... --Danips98 (conversa) 28 de xuño de 2013 ás 14:35 (UTC)[responder]
Comentario Se queredes borrar o artigo pois borrádeo, os datos e as referencias todos estan no artigo e todos son verificables, pero non me gusta que me falen desa maneira porque eu sempre falei dende o respeto. Seguro que vos vale de moito borralo máis do que lle valerá para a xente lelo...—o anterior comentario sen asinar foi feito por Danips98 (conversa • contribucións)
Comentario mira de novo no artigo, as fontes xa estan, e onte xa estaba o da IMDb. O nome de usuario non ten importancia
Comentario 1- o nome de usuario non ten porqué ter ese significado que vos dicides. 2- non borrei a votación, borrei na conversa a frase que puña que en breve engadiria as referencias, que xa estan postas 3- Na IMDB son os críticos e a xente especializada e relacionada oficialmente coa páxina os que crean un artigo, despois cada un pode enviar cousas que seran revisadas por espertos para seren verificadas e publicadas—o anterior comentario sen asinar foi feito por Danips98 (conversa • contribucións)
- 1. Non ten porqué, mais semella telo e fainos sospeitar, máis aínda cos teus coñecementos sobre o rapaz ("esaxerada afición ao cinema", ¿quen es, o seu biógrafo?) e a túa teima en manter o artigo (o teu único artigo...). 2. Pódese comprobar aquí como borraches a votación. --Norrin_strange (Fala-me) 28 de xuño de 2013 ás 10:31 (UTC)[responder]
- O nome de usuario sí ten importancia, porque indica que estás a facer un artigo sobre ti mesmo e, xa que logo, é autopromoción. Ademais andas a revertir edicións e tentaches borrar esta votación. --Norrin_strange (Fala-me) 28 de xuño de 2013 ás 10:10 (UTC)[responder]
- É mais, IMBD, até onde sei eu, calquera pode engadir datos. É como se citas mañá a wiki inglesa... --Norrin_strange (Fala-me) 28 de xuño de 2013 ás 10:13 (UTC)[responder]
Comentario. No artigo non se cita ningunha fonte e Danips98 (conversa · contribucións) está claro que é Daniel pérez sotelo, nado no 98. --JaviP96 28 de xuño de 2013 ás 09:45 (UTC) [responder]
- Comentario. No programa do festival de Washington non aparece ningunha película chamada "El intruso" e na ligazón que deches ao de Ourense, aparecen 8 películas, pero ningunha chamada "La bomba". Con respecto á mensaxe que puxeches anteriormente, aquí ninguén che faltou ao respecto, só che dixemos, que non podes crear o teu propio artigo, aínda que ti segues a negar que es Daniel Pérez Sotelo (non entendo porqué tés esa teima. Que se supón que te chamas Daniel Palacios Salgado e naciches no mesmo ano que a persoa do artigo? As coincidencias existen, pero non chegan ata ese punto). Ademais, paréceme reprochable a túa actitude, borraches o contido desta proposta como ip (pensaches que así non íamos saber que eras ti?) e logo xa rexistrado tentaches quitar o aviso de proposta para borrar do artigo. --JaviP96 28 de xuño de 2013 ás 14:09 (UTC)[responder]