Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nova proposta para aprobar oficialmente unha política sobre a categorización de artigos, con indicacións e normas de carácter xeral sobre o uso de categorías. Está adaptada da norma actual en lingua inglesa. Gran parte do texto actual de Wikipedia:Categorías, en particular as indicacións técnicas e de uso de carácter informativo, manteríase a Axuda:Categorías, quedando esta última como unha axuda informativa e a política proposta como a normativa de uso.

A favor
  1. Symbol support vote.svg Concordo. --Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:50 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. --Atobar (conversa comigo) 11 de agosto de 2017 ás 09:14 (UTC)
  3. Symbol support vote.svg Concordo. --Chairego apc (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 17:32 (UTC)
  4. Symbol support vote.svg Concordo. --RubenWGA (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 17:47 (UTC)
  5. Symbol support vote.svg Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de agosto de 2017 ás 10:44 (UTC)
  6. Symbol support vote.svg Concordo. --Breogan2008 (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 17:23 (UTC)
  7. Symbol support vote.svg Concordo. ----Alfonso mande 18 de agosto de 2017 ás 08:08 (UTC)
En contra
  1. Symbol oppose vote.svg Discordo Unhanova (conversa) 12 de agosto de 2017 ás 23:44 (UTC)
Neutros
  1. Symbol neutral vote.svg Neutro --Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2017 ás 17:02 (UTC)
  2. Symbol neutral vote.svg Neutro.--AMPERIO (conversa) 19 de agosto de 2017 ás 19:20 (UTC)

Comentarios[editar a fonte]

  • Non me parece unha boa adaptación da política de categorías da Wikipedia en inglés que si usa categorías que visibilizan as mulleres.Unhanova (conversa) 12 de agosto de 2017 ás 23:43 (UTC)
É unha adaptación da política de categorías da Wikipedia en inglés, tendo en conta os consensos e usos actuais na Galipedia. Na Galipedia non hai discriminación xeral de sexo por consenso, se van por aí os tiros, como quedou reflectido na votación correspondente. Discordar en forma de "voto de castigo", ignorando o resto do contido da proposta, non me parece un comportamento axeitado. Banjo tell me 13 de agosto de 2017 ás 21:49 (UTC)
Votei en contra non como voto de castigo, senón porque de saír adiante esta proposta quedaría oficializado un sistema de categorías con masculino xenérico sobre o que non hai acordo. De feito, na votación anterior sobre o uso do masculino xenérico nas categorías quedou 10/11 e con 3 neutros. De votarse a oficialidade do masculino xenérico independemente non quedaría oficializado. De querer votar as categorías eliminando toda oficialización do masculino xenérico, eu non había de votar en contra. Unhanova (conversa) 17 de agosto de 2017 ás 09:26 (UTC)
A min o que me parece é que se unha política non contempla aspectos importantes para unha persoa ten todo o dereito do mundo de votar en contra, por moito que poida concordar co resto, se unha política non comparte principios básicos éticos e morais desa persoa, iso é evidente. O que non é un comportamento axeitado é xulgar os votos, e dicirlle á xente que non ten criterio, senón que vota por castigo. A argumentación de Unhanova paréceme xusta e respectable. Piquito (conversa) 17 de agosto de 2017 ás 09:49 (UTC)
  • Symbol comment vote.svg Comentario Non voto a favor desta política porque dende o meu punto de vista é incompleta, e non voto en contra porque todo o que presenta é axeitado e oficializa o traballo que xa se ven realizando. Como apuntou Unhanova, na política da wiki en inglés fálase das subcategorías "non difusorias", é dicir, as categorías que son subconxuntos que simplemente teñen algunha característica especial de interese, como "Gañadores do premio Óscar ó mellor actor" que sería unha subcategoría de "Actores de cine". Tamén indica que as subcategorías definidas por xénero, etnia, relixión, e sexualidade deberían ser case sempre subcategorías "non difusorias". Nesta proposta de política non se contempla en ningún apartado este uso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de agosto de 2017 ás 17:02 (UTC)