Wikipedia:Votacións/Nacionalidade
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Campo nacionalidade no modelo Biografía e outros[editar a fonte]
Votación PECHADA: Votouse eliminar a asignación automática do campo "Nacionalidade" no Modelo Biografía e outros.
Período de votación: 30/11/2020 - 30/01/2021
SI: 2 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
Na apartado de propostas da Taberna discutiuse en varias ocasións sobre o campo nacionalidade presente nas biografías da galipedia:
- https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_(propostas)/Arquivo_34#Nacionalidade_Galega,
- https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Nacionalidade/Pa%C3%ADs_de_nacemento
Este campo esta a ser asignado automaticamente desde wikidata nalgúns modelos (Biografía, Escritor,etc...), onde se exporta desde o campo "country of citizenship".
Propoño que se modifique o comportamento destes modelos para que non asigne automaticamente o campo nacionalidade nas personalidades galegas, e que este campo sexa colocado (ou non) polos propios editores da páxina
Motivos:
1. Non existe acordo entre a comunidade sobre o significado e alcance de "nacionalidade" (remito ás ligazons das discusións).
2. Este comportamento foi introducido sen que existise ninguna votación ou acordo previo. Antigamente era habitual colocar Galicia/Galiza nos persoeiros galegos (https://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_usuario:AMPERIO/Arquivo_3#bandeiras), e así continúa nalgunhas páxinas (https://gl.wikipedia.org/wiki/Xil_R%C3%ADos).
3. O campo "nacionalidade=España" esta sendo asignado a persoeiros de épocas nas que non existía España (sirvan de exemplo algúns trobadores medievais: https://gl.wikipedia.org/wiki/Nuno_Fernandez_de_Mirapeixe, https://gl.wikipedia.org/wiki/Martin_Eanes, https://gl.wikipedia.org/wiki/Estevan_Perez_Froian, etc.. ), e a persoeiros que non empregarían esta definición (por exemplo: Alexandre Boveda (https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alexandre_B%C3%B3veda&oldid=5472585), Ramón Cabanillas (https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ram%C3%B3n_Cabanillas&direction=prev&oldid=5657017) ou Rosalia de Castro (https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rosal%C3%ADa_de_Castro&oldid=5636273).
- A favor
- Concordo. --Cossue (conversa) 29 de decembro de 2020 ás 17:18 (UTC)[responder]
- Concordo. --One2 (conversa) 4 de xaneiro de 2021 ás 21:07 (UTC)[responder]
# Concordo. --Ocarteiro (conversa) 18 de xaneiro de 2021 ás 08:27 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo por varios motivos que expoño nos comentarios. Piquito (conversa) 2 de xaneiro de 2021 ás 21:11 (UTC)[responder]
- Neutros
Comentarios[editar a fonte]
- Motivos en contra:
- Non considero necesaria esta votación, xa que o campo "nacionalidade" pode engadirse manualmente.
- O campo nos modelos tómanse de Wikidata, esta ferramenta pode facilitar moito a actualización dos datos biográficos cando, por exemplo, unha persoa muda a súa nacionalidade.
- Existe unha complicación adicional, xa que a proposta di "para que non asigne automaticamente o campo nacionalidade nas personalidades galegas", xa que logo habería que modificar o modelo para que fixera iso só cunhas determinadas biografías. Ademais máis adiante sinala "que este campo sexa colocado (ou non) polos propios editores da páxina", cousa que xa se pode facer, polo que non vexo necesario facer nada ao respecto.
- Cando unha biografía dunha persoa, poñamos por exemplo a Martín Codax, sinala España, simplemente haberá que mudar en Wikidata o campo para que automaticamente apareza Reino de Galiza/Galicia no resto de Wikipedias, de non poderse facer segue a ser posible introducir ese campo a man.
- "Non existe acordo entre a comunidade sobre o significado e alcance de "nacionalidade"", o problema non é o que a comunidade pense, o problema é que a maior parte da xente considera nacionalidade o que pon no DNI ou pasaporte, e poñer unha nacionalidade que non figura en ningún documento oficial pode asociarse a un posicionamento ideolóxico da Galipedia, o cal dubido que sexa compatible co punto de vista neutral. Dende o meu punto de vista, que se propoña que isto só se aplique a personalidades galegas xa dá mostra dun posicionamento ideolóxico, ao pretender que ou se poña o campo manualmente ou quede sen el antes de poñer "España" no cadro. Se pon ademais só o caso galego e non doutras nacionalidades como as persoas ingrias, carelias, vascas, catalás, corsas, bretoas, galesas, livonias, cornuallesas, occitanas... que se faría con iso? Habería que seguir o criterio galego? Habería que ver en cada persoa se se consideraba rusa ou finlandesa, bretoa ou francesa...? Se só se pon nas personalidades galegas, non estariamos a facer discriminación cara a outras nacionalidades?
- Non considero que eliminar o campo do modelo sexa unha solución, xa que a nacionalidade non sempre é deducible polo lugar de nacemento, xa que moitas persoas migran a outros lugares e adoptan a nacionalidade do seu novo lugar de residencia, mesmo renunciando á súa nacionalidade de orixe, polo que o campo faise necesario.
- Por todo isto considero que a votación non é necesaria e que a aprobación da proposta sería prexudicial para a Galipedia. Un saúdo, Piquito (conversa) 2 de xaneiro de 2021 ás 21:11 (UTC)[responder]
Imos ver... Xa tiña eu usuario na wikipedia cando certo día chegou un bot (Aosbot) pasando por tódalas páxinas estilo metralladora (non entro en como foi o proceso técnico). Desde entón comezou a aparecer en todas o campo nacionalidade=España. De tal xeito que hoxe mesmo existen algunhas cunha soa liña de texto é un cadro pequeno que pon España, nada máis. Antes isto non era así. Mudouse dun día para outro, sen ningún acordo, debate ou votación previo. Quere isto dicir que calquera persoa desde Tegucigalpa ou Kuala Lumpur pode modificar impunemente esta enciclopedia só porque ten os coñecementos técnicos necesarios en tanto que os que estamos aquí a deixar as pestanas temos que iniciar eternas discusións para conseguir mudar unha vírgula?. Non parece xusto. Só por isto xa me resulta sorprendente que se poida votar negativo a esta proposta.
E respondendo ao comentario anterior:
- O que se propón é que exista a liberdade de engadir ou non o campo nos modelos se se considera oportuno. Agora non é así.
- Iso é un caso excepcional
- Unha mudanza similar xa foi implementada e revertida, o problema non é técnico. Referente a segunda parte, actualmente os modelos engaden este campo "por defecto", se non se escolle outra opción.
- Claro, pero nós somos humanos (eu polo menos), non un proceso automático computerizado.
- Galiza é unha nación recoñecida oficialmente pola ONU desde 1933: https://www.eldiario.es/galicia/anos-galicia-oficialmente-nacion_1_5804230.html.
Colocar España por todas as páxinas da wikipedia en galego é un mecanismo de nacionalismo banal.
A favor de mudar tamén outras nacionalidades. Por iso é mellor que polo momento este campo non sexa "obrigatorio" - Outro caso excepcional.
- O que se propón é que exista a liberdade de engadir ou non o campo nos modelos se se considera oportuno. Agora non é así.
Aclaracion final por se falla a comprensión lectora: Non se esta a pedir que apareza Galiza e a bandeira coa estrela vermella!. Simplemente que non se "forze" este campo, igual que non se forzan os outros!. Nada mais. - Cossue (conversa) 3 de xaneiro de 2021 ás 08:17 (UTC)[responder]
- Cossue, o primeiro que tes que entender é que calquera edición referenciada con fontes fiables é tan válida como as túas, as miñas ou as de calquera outra persoa desta ou doutra Wikipedia independentemente do lugar dende o que estean a editar, a súa raza, relixión, ideoloxía política, etc, polo que o teu comentario "calquera persoa desde Tegucigalpa ou Kuala Lumpur pode modificar impunemente esta enciclopedia só porque ten os coñecementos técnicos necesarios" considero que sobra, que unha persoa de Suráfrica, Samoa, Bulgaria ou Ecuador non viva en Galiza ou sexa descendente de persoas galegas non quere dicir que non poida facer achegas válidas... ademais falas de "modificar impunemente", como presupoñendo que unha persoa por non ser ou galega ou residir en Galiza vaia boicotear o proxecto ou a facer algo malo, ou como se esas modificacións foran incorrectas (non o son na maioría dos casos). Certamente dáme pena ver este tipo de comentarios que, afortunadamente, non reflicten o que é este proxecto global nin a súa versión en galego.
- Os casos excepcionais son tan relevantes coma os outros, grazas a Wikidata non precisamos que haxa xente pendente de buscar que deportistas (por poñer un exemplo) mudan a súa nacionalidade para competir con outro país e poñelo na caixa de información. De feito moitas persoas famosas e anónimas mudan a súa nacionalidade cada día, non é nin moito menos algo estraño.
- Os artigos deben ser completos, e a nacionalidade é un dato relevante dunha personalidade, polo que retirar o campo de todos os artigos non é bo para a Galipedia.
- Puntualizar unha cousa da propia proposta: ti non pides "que exista a liberdade de engadir ou non o campo nos modelos se se considera oportuno", o que di o enunciado é "que se modifique o comportamento destes modelos para que non asigne automaticamente o campo nacionalidade nas personalidades galegas, e que este campo sexa colocado (ou non) polos propios editores da páxina". O que pides é un tratamento especial a uns artigos biográficos concretos, non liberdade para deixar de engadir un campo relevante. Doutra banda, o que dis que xa se fixo e que é viable dende o punto de vista técnico foi substituír unha nacionalidade por outra, non eliminar o campo só das personalidades galegas.
- Sinalas unha cousa ademais que non é certa, Galiza nunca foi recoñecida pola ONU, esta institución é posterior á Segunda Guerra Mundial (concretamente naceu en 1945). A antiga Sociedade de Nacións disque recoñeceu a Galiza en 1933 segundo a referencia do libro Galicia e a sociedade das nacións que figura no artigo Galiza (descoñezo a fonte, pero non teño por que dubidar dela). Aínda que fora así, esa institución non existe xa, e a ONU non recoñece a Galiza, tan só algunhas institución como certos organismos deportivos internacionais (vexase a GAA) a recoñecen (de feito a ONU non recoñece a varios países que se autoproclamaron independentes, por exemplo).
- Pediríache ademais que moderes a túa linguaxe e prescindas de expresións como "por se falla a comprensión lectora", que son na miña opinión desagradables, mais aínda cando o meu ton foi cordial, expoñendo os motivos polos que discordo (non tiña por que facelo), unha argumentación ben fundamentada coa que se pode ou concordar, pero que tes que respectar. Un saúdo, Piquito (conversa) 4 de xaneiro de 2021 ás 14:12 (UTC)[responder]
- Respondo:
- * 1º parágrafo. Non entendiches. Queria dicir que se pode modificar sen ningún filtro ao contrario que un usuario "normal", non que non poidan facelo ou que fora malintencionado.
- * 2º parágrafo. Os casos excepcionais son excepcionais. https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/excepcional.
- * 3º parágrafo. Non entendiches. Si pido que exista a liberdade de escoller.
- * 3º parágrafo. Para algúns Galiza é nacion. Para outros a única nacion é España. Para outros España e un estado plurinacional. Por iso que escolla a comunidade de editores, non un bot.
- * 4º parágrafo. ??? - Cossue (conversa) 4 de xaneiro de 2021 ás 14:34 (UTC)[responder]
Comentario Varias cousas:
- Gustaríame sinalar que as discusións sobre o campo de nacionalidade, así como esta votación, veñen motivadas polo feito de que se levou a cabo un proceso de substitución de Galicia por España nas caixas das diferentes personalidades galegas, sen votación nin acordo de ningún tipo, cando orixinalmente na Galipedia o habitual era indicar cales persoeiros eran galegos (como máis enriba se indicou [1]). Este proceso non foi de súpeto, senón que tivo varias fases, producíndose a substitución moi paulatinamente, de xeito que, na miña opinión, isto non xerou polémica nin impedimento ningún. Inicialmente no campo de orixe do persoeiro, ademais do lugar, indicábase Galicia. Posteriormente modificáronse as caixas para que tomasen datos do Wikitada automaticamente. Un novo campo apareceu ―o de nacionalidade―; porén, os datos locais seguían a se manter. Neste momento convivían Galicia no lugar de orixe e España na nacionalidade. Mais pouco a pouco algúns usuarios foron eliminando estes datos locais da Galipedia, pois en teoría xa non eran necesarios, aparecían de xeito automático (non da mesma forma!), ficando así unicamente España. Foi un traballo lento e manual que habería que ver se sería aceptado nunha votación.
- Así e todo téñase en conta que segue a haber caixas que manteñen a disposición orixinal e que igualmente nos equipos deportivos se indica normalmente quen é galego.
- Comentar tamén que na Wikipedia en catalán por defecto non se poñen as nacionalidades [2]. As caixas dos persoeiros teñen un campo para poder estabelecer que o dato sexa obtido do Wikidata. Obviamente pódese introducir tamén un dato local diferente ao do Wikidata. Quere isto dicir que non sería unha cousa única da Galipedia.
- Home Piquito, sorprende a túa defensa do Wikidata cando podes ser o usuario con diferenza ao cal lle lin máis comentarios en contra sobre el. One2 (conversa) 4 de xaneiro de 2021 ás 21:06 (UTC)[responder]
One2 (conversa) 4 de xaneiro de 2021 ás 21:06 (UTC)[responder]
Comentario: Dubido da validez deste proceso, tendo en conta que non se anunciou en ningures. Resúltame moi estraña unha páxina de votación illada. Ningunha páxina liga con "Wikipedia:Votacións/Nacionalidade". Decateime hoxe, de casualidade, de que existe, e teoricamente comezou hai cinco ou quizais seis días (nótese que o primeiro voto leva data anterior a do comezo do período de votación, que, por certo, dura máis de trinta días!). --. HombreDHojalata.conversa 4 de xaneiro de 2021 ás 21:55 (UTC)[responder]
- Descúlpome se o proceso non foi como era debido. Tentei seguir isto: Wikipedia:Votacións#Creación. Por min podemos reiniciar a votación se é preciso. Saúde - Cossue (conversa) 5 de xaneiro de 2021 ás 07:43 (UTC)[responder]
- Retiro a desculpa. Penso que o proceso foi correcto. Se non o é indíiquese o motivo por favor - Cossue (conversa) 6 de xaneiro de 2021 ás 08:33 (UTC)[responder]