Wikipedia:Tamaño dos artigos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Esta páxina contén unha visión xeral dos principais problemas relacionados co tamaño dos artigos. Hai tres medidas principais á hora de determinar o tamaño dun artigo:

  • Tamaño da prosa: a cantidade de texto visible na redacción principal das diferentes seccións do artigo, sen incluír táboas, listas ou seccións de notas.
  • Tamaño do código wiki: a cantidade de texto na ventá de edición da páxina completa, que coincide coa conta de caracteres do historial da páxina.
  • Tamaño da páxina no navegador: tamaño total da páxina cando se carga no navegador web.

As consideracións relacionadas co tamaño dun artigo inclúen:

  • Problemas de lectura, como a retención da atención do lector, a facilidade da lectura, organización, saturación de información etc.
  • Problemas de edición, como tensións nas páxinas de conversa, debates sobre contribucións triviais, debates sobre como dividir un artigo etc.
  • Problemas de contribución, como que os artigos deixen de medrar significativamente cando acadan un determinado tamaño, malia que aínda exista información dispoñible sobre o tema que poida engadirse
  • Outros problemas técnicos, como limitacións dos navegadores, velocidades lentas de carga etc.

Cando un artigo é demasiado grande, pode ser axeitado dividilo en artigos máis pequenos para deixar parte destes noutros artigos propios, ou trasladar unha parte do artigo a outro xa existente. Cando un artigo é demasiado pequeno, pode darse tamén o caso de que deba combinarse con outro artigo máis xenérico xa existente. Este tipo de decisións requiren un consenso. A licenza da Wikipedia obriga a que cando se copia o contido dun artigo a outro novo ou xa existente, deba incluirse un resumo de edición indicando a páxina de orixe do contido trasladado.