Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Imaxes/Arquivo 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Imaxes

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Imaxes que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4


Votacións nulas.[editar a fonte]

Sobre as seguintes votacións: Imaxes para borrar/Ficheiro:BBC Radio 3.png, Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:BBC Radio 4.png e Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Muxicas.png. Foron pechadas contabilizando como válidos votos emitidos fóra de prazo. Ao meu entender foi un erro someter o borrado destes ficheiros a votación, pois está expresado en Wikipedia:Eliminación rápida que eran caso de borrado rápido (punto 9: "Páxinas sen historial relevante que sexan violacións flagrantes dos dereitos de autor"). Propoñer unha votación sobre estes borrados supón arriscarse a que o resultado obrigue a manter ficheiros con dereitos de autor que están sendo claramente infrinxidos. As tres votacións foron xa pechadas, pero estimo que deberían ser anuladas polos administradores para non sentar precedente sobre a aceptación de resultados de votacións que foron pechadas en base a votos emitidos fora de prazo. --Xoacas(non che sinto?) 15:42, 12 de abril de 2010 (UTC)

Imaxes da Galipedia sen uso / imaxes de commons relativas a Galicia, sen uso[editar a fonte]

En febreiro deste ano Lmbuga creou Wikipedia:Imaxes de Commons non incorporadas como un sistema para incorporar á Galipedia imaxes relativas a Galicia, procedentes de fickr e subidas a commons. Iso está moi ben, e catro editores andan a traballar niso: o xa mencionado, Xoacas, Xas e máis eu.

Ao meu entender hai un repositorio de imaxes cuxo emprego é, se cadra, máis perentorio. Refírome ó que hai dentro de Especial:Imaxes sen uso. Estas fotos, unhas 320, so están na Galipedia, non están en Commons, é non están a ser empregadas en ningún artigo. Eu reviseinas unha por unha, é hai mais de 80 delas que cómpre eliminar por diferentes motivos, principalmente relacionados con licenzas. Algunhas deberían ter sido eliminadas fai anos.

Propóñome darlles uso a moitas das 240 restantes, mais antes seríame de grande axuda que algún dos dez administradores procedera ó borrado das marcadas como {lixo|motivo} incluídas na Categoría:Limpar.

Moitísimas grazas--. HombreDHojalata.conversa 14:18, 9 de xullo de 2010 (UTC)

Perfectamente de acordo no que propós. Vou intentar facelo. --Xas (conversa) 14:30, 9 de xullo de 2010 (UTC)

imaxe da semana[editar a fonte]

Ola! Pode algún administrador crear a Imaxe da semana/34? Podería ser Ficheiro:Adro Santo André.JPG, que ten 7 votos a favor e ningún en contra (pero non hai proposta de texto de pé de foto); Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:59, 23 de agosto de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Alberte Si, dígame? 15:12, 23 de agosto de 2010 (UTC)

Imaxe da semana/38[editar a fonte]

Ola! aínda non hai imaxe para a portada para mañá luns. Se hai alguén por aí, que peche votacións. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:27, 19 de setembro de 2010 (UTC)

animais/seres mitolóxicos[editar a fonte]

¿Onde categorizar imaxes de seres mitolóxicos? Falo de anfisbenas, cancerbeiro, sereas, harpías, grifóns, centauros, fénix, etc. Hai seres que son metade humanos-metade animais e hai que son só animais, polo que non creo que nos sirva "animais mitolóxicos" (título que, por outra banda, é o que me gusta máis). ¿E de onde colgaría esta categoría? Pedro --Lameiro (conversa) 21:33, 14 de outubro de 2010 (UTC)

Pois supoño que de Categoría:Mitoloxía, entendo eu, pero non sei se dalgunha máis. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:38, 14 de outubro de 2010 (UTC)
Así o estou facendo pero fixen a pregunta porque falamos de imaxes, non de artigos, co cal, a categorización que fixen das imaxes está mal. Sería algo así como Categoría:Imaxes de seres mitolóxicos, e o caso é que non temos (ou non atopo) categoría onde colocala. Pedro --Lameiro (conversa) 21:59, 14 de outubro de 2010 (UTC)
Non pensara niso e levas razón. Sinto non poder axudar máis. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:09, 14 de outubro de 2010 (UTC)

Xa está feito. Coloqueina en Categoría:Imaxes sobre cultura. Non sei se vos parece ben. --Xas (conversa) 22:27, 14 de outubro de 2010 (UTC)

imaxe da semana[editar a fonte]

Ola! Por favor, creade a imaxe da semana próxima, que nunha horiña comezamos! Agradecido, saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:06, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Xas (conversa) 22:36, 28 de novembro de 2010 (UTC)

Imaxe pirateada[editar a fonte]

A imaxe Adoracion-pasion jesús.jpg que subiu Hortorub onte, como obra propia, é realmente unha foto miña que subín á Galipedia hai ano e pico. Pedro --Lameiro (conversa) 22:49, 27 de maio de 2011 (UTC)

Realmente ti licenciaches a imaxe no dominio público. Iso supón que el pode "crear" unha obra derivada recortando un milímetro de borde, como fixo. El pode, entón, atribuírse a autoría da obra nova, e legalmente non ten ningunha obriga de citarte a ti ou á Galipedia coma orixe (outra cousa é a moralidade do que fixo).
Incriblemente, se ti agora quixeras empregar para calquera cousa a versión del... terías que citalo coma autor!
Para que estas cousas non suceden é mellor escoller licenzas do tipo {{Cc-by-sa-3.0}} ou similares, que para iso se inventaron. Esixen recoñecemento da autoría e garanten mantemento inalterable da licencia--. HombreDHojalata.conversa 23:43, 27 de maio de 2011 (UTC)
Se ti o dis, será verdade, pero ese argumento é quedarse no formalismo e esquece-as filosofía colaborativa e respectuosa da wikipedia. O que fixo este home está mal, obviamente, aínda que sexa legal. Para min é cousa de ética (e estética), máis que moralidade, pero iso é o de menos. O certo é que con colaboradores coma este, prefiro ter inimigos. Outra cousa é que penso seguir subindo imaxes totalmente libres, den ter que pedir que se me recoñeza a autoría ou a fonte. Se este home se aproveita de subterfixios legalistas, alá el. A min non me vai cambia-la forma de proceder e, nisto das imaxes, regalarllas ó mundo mundial. Mesmo ós piratas sen principios. Pedro --Lameiro (conversa) 23:59, 27 de maio de 2011 (UTC)
Parabéns, Pedro, pola túa actitude e polas túas estupendas achegas--. HombreDHojalata.conversa 07:40, 28 de maio de 2011 (UTC)
Non me decatara, non só subiu a imaxe coma obra nova da súa autoría á Wikimedia Commons, tamén a subira á Galipedia.
Na Galipedia a marquei para borrado, por non citar a orixe e por falta de uso (xa temos a orixinal de Pedro non precisamos de "versións"), e foi eliminada por Beninho.
En Commons ampliei a información do ficheiro, indicando, entre outras cousas, a orixe: [1]
De todas, o proceder de Hortorub paréceme máis froito dunha falta de coñecemento do funcionamento das wikis que dunha mala intención. Igual era bo falar con él para explicarlle as cousas antes de expoñelo no taboleiro dos administradores, onde seguramente non o lerá--. HombreDHojalata.conversa 07:21, 29 de maio de 2011 (UTC)

Imaxe da semana[editar a fonte]

Falta a imaxe da semana na portada, pode pecharse a votación de Ficheiro:Doncos 90037TM.jpg que creo que ten os votos necesarios e poñela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:46, 19 de decembro de 2011 (UTC)

Feito! Feito por HombreDHojalata. --Toliño Fala aquí comigo 14:06, 20 de decembro de 2011 (UTC)

Falta imaxe semana 1/2012[editar a fonte]

Falta a imaxe da semana da portada, penso que lle corresponde a Ficheiro:Escultura no atrio da igrexa de San Bieito, Fefiñáns.jpg e que hai que pechar a votación alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:09, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)

Feito! Feito. --Xas (conversa) 09:28, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
Grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:58, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)

Falta imaxe portada semana 4/2012[editar a fonte]

Falta a imaxe da portada, penso que lle corresponde a Ficheiro:Saiar, Caldas de Reis, Pontevedra, Galicia, España.jpg e haberá que pechar a votación alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:06, 23 de xaneiro de 2012 (UTC)

Feito! Feito por HombreDHojalata. --Toliño Fala aquí comigo 12:07, 23 de xaneiro de 2012 (UTC)

Ficheiro:Foto2634.jpg[editar a fonte]

A imaxe Ficheiro:Foto2634.jpg é duplicado de Ficheiro:FacultaddeInformaticaUCM.jpg. Solicito o borrado do primeiro. Deizón. --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 18:30, 11 de febreiro de 2012 (UTC)

Ficheiro:Foto2648.jpg[editar a fonte]

Solicito borrado da imaxe Ficheiro:Foto2648.jpg. Non gusto do nome que lle deixen ao ficheiro e prefiro cargala de novo. Síntoo. Esta tarde estou patoso!! --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 18:44, 11 de febreiro de 2012 (UTC)

Acabo de detectar un erro no nome dos arquivos: non é Pinus pinae senón Pinus pinea. É mellor que mos borredes e cárgoos de novo. Pode crear confusións. --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 20:09, 12 de febreiro de 2012 (UTC)

Quieto, parado! Non fai falta que os subas de novo. Os administradores poden mover ficheiros. So tes que pedilo aquí e xa está: Ficheiro:Pinuspinea1.jpg e Ficheiro:Pinuspinea2.jpg. --. HombreDHojalata.conversa 21:29, 12 de febreiro de 2012 (UTC)
PERFECTO!! Ás veces, isto parece da informática parécese ao da veliña ao San Benitiño... ;-) Saúdos!! --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 21:49, 12 de febreiro de 2012 (UTC)

Cómpre crear Wikipedia:Imaxe da semana/11 2012 para a portada. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:47, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Dalle Prevert, para crear a páxina non fai falla ser administrador. --. HombreDHojalata.conversa 22:45, 11 de marzo de 2012 (UTC)
Síntoo pero non adoito pechar votacións pendentes así que só deixei o aviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:49, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Falta imaxe da portada da semana 14[editar a fonte]

Penso que lle toca a Ficheiro:Bubela, Noalla.jpg. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:32, 2 de abril de 2012 (UTC)

Lista. Salvo erro ou omisión, como se adoita dicir. --. HombreDHojalata.conversa 08:51, 2 de abril de 2012 (UTC)

Renomear imaxe[editar a fonte]

Solicito o cambio de nome do ficheiro Ficheiro:Estadio de Riazor.jpg a Ficheiro:Estadio de Riazor.A Corunha.Galiza.jpg (que actualmente é o seu nome en Commons) xa que resulta que en Commons existe un ficheiro distinto co mesmo nome, que xa é casualidade, e resulta que se na Galipedia queremos usar o ficheiro de Commons non podemos porque colle primeiro a imaxe que está cargada aquí. Solicitei que renomearan o ficheiro en Commons pero non indiquei un motivo correcto e non o aceptaron, pero por outra banda agora penso que pode ser un pouco máis correcto que fagamos nós o cambio porque o problema pode considerarse interno da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:36, 17 de maio de 2012 (UTC)

Non feito. Non feito. O sistema non permite realizar ese traslado. O único modo que vexo é mover a foto a outro nome ou directamente borrala. Nesta última posibilidade, o problema vén ao considerar os temas de autor orixinal e licenzas, porque a imaxe orixinal perderíase e a outra é unha obra derivada porque foi retocada. Así que supoño que haberá que movela a outro nome. Non sei se alguén ten unha solución mellor. --Toliño Fala aquí comigo 19:39, 18 de maio de 2012 (UTC)
Toliño, debe ser que ando algo espeso, que non entendo nada do que dis. Penso que está amañado, non?:
--. HombreDHojalata.conversa 19:47, 18 de maio de 2012 (UTC)
O que quixen dicir é que perdemos a versión da imaxe retocada por Lmbuga, que é a que teñen agora en Commons co nome "Estadio de Riazor.A Corunha.Galiza.jpg". --Toliño Fala aquí comigo 20:13, 18 de maio de 2012 (UTC)
Ahhh, non me decatara. E que tal agora? Quedan as tres dispoñibles. --. HombreDHojalata.conversa 20:27, 18 de maio de 2012 (UTC)

Imaxe da semana[editar a fonte]

Boas, Servando atopou uns erros na imaxe da semana e eu fixen outra versión correxida e cos nomes das cidades en galego, a imaxe resultante é Ficheiro:Vía XIX gl.svg. Se vos parece correcto, poderíades cambiar a imaxe da portada por esa versión? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:02, 24 de xullo de 2012 (UTC)

Feito! Feito! --Xas (conversa) 10:48, 24 de xullo de 2012 (UTC)
Grazas!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:53, 24 de xullo de 2012 (UTC)
Boas, non sei se será cousa do meu navegador, pero creo que as localizacións das vilas que aparecen no mapa están mal. Tui aparece dentro de Portugal, Pontevedra na ría de Vigo, etc. En xeral, é como se todas as referencias do mapa estivesen movidas cara o sur. Deixei un comentario tamén na páxina de conversa da imaxe. Saúdos.--VaiPolaSombra (conversa) 13:06, 24 de xullo de 2012 (UTC)
É un problema no mapa, agora aquí non teño o programa para amañalo, ata a tardiña non chego a casa, se queredes podedes poñer de novo o mapa antigo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:13, 24 de xullo de 2012 (UTC)

Imaxe Pisco-1[editar a fonte]

Ola! Enganeime á hora de indicar a fonte da fotografía do paporroibo que aparece neste enderezo da Galipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Pisco-1.jpg Como está na portada non podo editala para corrixir a información, así que vos quería pedir que por indicásedes na Orixe da fotografía que é do Flickr (onde xa está xareada con licenza CC). http://www.flickr.com/photos/indicopleustes/8353695531/in/photostream Moitas grazas e desculpade --chandrexa (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 19:28 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Xas (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 20:52 (UTC)[responder]

Renomear imaxe[editar a fonte]

Solicito o cambio de nome a imaxe Ficheiro:377895main mroA-20090811-516.JPG a File:Fading Rover Tracks Near Victoria Crater.jpgque o seu nome en Commons, e ademais de estar mal escrito o nome ten menor tamaño. Saúdos --Casasnovas conversa conmigo 9 de setembro de 2013 ás 15:55 (UTC)[responder]

Feito! Feito!. En realidade substituín a imaxe polo correcta e borrei a outra. --Xas (conversa) 9 de setembro de 2013 ás 16:07 (UTC)[responder]

Renomear imaxes varias[editar a fonte]

Solicito o cambio de nome para as imaxes Ficheiro:Urbino dalla sommità del Colle delle vigne (disegno del '600).jpg (Urbino desde o cumio da Colle delle Vigne (debuxo do século XVII)), Ficheiro:Urbino, acquarello del 1626.jpg (Urbino, acuarela de 1626) e Ficheiro:Veduta prospettica di Urbino con il Palazzo e il piano del Mercatale.jpg (Perspectiva de Urbino co Palazzo e o chao do Mercatale). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 24 de setembro de 2013 ás 22:10 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --JaviP96 25 de setembro de 2013 ás 13:58 (UTC)[responder]

De noivo solicito renomear imaxes:

Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15 de outubro de 2013 ás 23:17 (UTC)[responder]

Eu antes de renomear varias desas imaxes consideraría pasalas a Commons, xa que son traducións de ficheiros orixinais dalí, sen cambiarlles o nome xa que teñen a nomenclatura que se usa alí, e logo borralas da Galipedia. Coméntoo a miña primeira impresión para que se tome en consideración antes de facer ningún cambio porque agora non teño tempo para afondar na cuestión, a ver se pola tardiña o miro máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de outubro de 2013 ás 09:56 (UTC)[responder]
Revisando un pouco as imaxes vexo que algunhas son imaxes da wiki-en e wiki-fr con licenza compatible con Commons copiadas na galipedia. Isto non pode ser hai que pasar os orixinais a Commons e borralas da Galipedia. Outras son traducións de ficheiros de Commons polo que penso que o mellor é facer o mesmo proceso pasalas alí e borralas da Galipedia. As imaxes de Urbino eu tamén votaría por poñelas en Commons porque claramente son imaxes que poden ser reutilizadas noutras wikis. Isto é o que me parece a min, agora vós diredes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2013 ás 21:34 (UTC)[responder]

Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17 de outubro de 2013 ás 22:50 (UTC)[responder]

Escudo Concello de As Nogais[editar a fonte]

Bos días: Escribimos dende o Concello de As Nogais para comunicar o noso desexo de que se sustitúa o escudo que figura na galipedia polo polo escudo oficial que nós utilizamos habitualmente. Pregamos se poñan en contacto con nos para que lles poidamos facilitar o arquivo co escudo.Moitas gracias e saúdos.

Concello de As Nogais R/ Rosalía de Castro, s/n 27677 AS NOGAIS (LUGO) Telf.: 982364092 / 982364190 Fax 982 364150 e-mail: concelloasnogais@concelloasnogais.es —o anterior comentario sen asinar foi feito por 195.76.97.135 (conversacontribucións) 16 de outubro de 2013 ás 06:47‎

O escudo que figura na web do concello semella ser o mesmo que hai no artigo As Nogais. A diferencia está na feitura. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16 de outubro de 2013 ás 15:30 (UTC)[responder]
Poderíamos redactar aquí un correo explicándolles o conto e que alguén llo enviara. Que vos parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2013 ás 21:21 (UTC)[responder]
Comezas ti a redacción, e aquelámolo entre todos, Elisardo? --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de outubro de 2013 ás 22:15 (UTC)[responder]
Vale, pero revisádeo ben non vaia meter a zoca. Teño que pulir un pouco máis a descrición heráldica pero en xeral sería algo así:
Bo día! Dende a Galipedia poñémonos en contacto con vostedes en relación á consulta realizada sobre o escudo das Nogais na enciclopedia (https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Imaxes#Escudo_Concello_de_As_Nogais).
Segundo os datos que puidemos consultar o seu concello non ten definido un escudo oficial, polo que un usuario creou unha versión con licenza libre baseándose na imaxe que teñen na súa páxina web, a parte de arriba dividida en dous cunha cruz de goles sobre ondas en campo de ouro á esquerda e un "campo de damas" de ouro e bandeira á dereita, e cunha nogueira da súa cor en campo de prata na parte inferior, e coa coroa arriba.
O escudo que hai na Galipedia non é igual que o que teñen na súa páxina web porque se o fixéramos así estariamos violando os seus dereitos de autoría. Por esta razón fíxose unha versión que segue a definición heráldica que se asume do seu escudo pero liberando o resultado cunha licenza libre que permite obras derivadas e uso comercial para poder incluíla nos proxectos da Fundación Wikimedia. Non podemos utilizar o seu ficheiro xa que a súa páxina web ten copyright e na Galipedia, nin no resto de wikipedias da Fundación, non se poden utilizar máis que recursos libres cunha licenza compatible con eles.
Noutra orde de cousas, recordámoslles que en galego a contracción da preposición "de" co artigo afecta tamén aos topónimos, polo que non é correcto dicir "Concello de As Nogais", senón "Concello das Nogais".
Agradecémoslles a súa participación e se precisan máis información poden poñerse en contacto con nós, preferiblemente a través das páxinas de conversa do proxecto, https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna.
Un Saúdo
Pois ata aquí chego :), a ver se pola noitiña melloro a descrición heráldica. Xoacas, se podes, revísaa ti porque controlas máis destas cousas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2013 ás 08:25 (UTC)[responder]

Para ben ser, a descrición do escudo debería asemellarse algo máis a isto: Escudo medio partido e cortado. 1º, de ouro, cruz de Alcántara de goles cargada de cinco caldeiros de sable, o pé ondado faixado de azur e prata; 2º, xaquelado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles con tres faixas de prata; e 3º, de prata, nogueira de sinople; ó timbre, coroal real pechada. De todos modos o vocabulario heráldico galego non o controlo moito (non sei se haberá quen o controle, vamos). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18 de outubro de 2013 ás 22:41 (UTC)[responder]

Moitas grazas Xoacas! Se alguén quere engadir algo máis ó correo ou facer algunha revisión que lle vaia botando un ollo e cando queirades se envía. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de outubro de 2013 ás 21:24 (UTC)[responder]
Revisei a redacción e incluín un dato sobre ortografía. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de outubro de 2013 ás 14:20 (UTC)[responder]
A min non me convence moito o dato sobre a ortografía, non me pega co contido do correo :), pero como vexades. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2013 ás 20:25 (UTC)[responder]
Ó final que? Mandamos o correo ou non o mandamos? Quen o manda? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 18:35 (UTC)[responder]

Ti, por falar. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 24 de outubro de 2013 ás 01:05 (UTC)[responder]

Ben falado, Xoacas! Dálle sen medo, Elisardo; pero eu creo que é importante dicirlles que 'de + As' = das. --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de outubro de 2013 ás 01:23 (UTC)[responder]

Feito! Feito! copiarei aquí a resposta, se a hai. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2013 ás 14:52 (UTC)[responder]

Renomear imaxes[editar a fonte]

Bos Días:

Solicito renomear

Un saúdo a todos e todas.

--Suarez ruibal (conversa) 19 de outubro de 2013 ás 18:29 (UTC)[responder]

Eu propoño transferilas a Commons e borralas da Galipedia. Menos as dúas últimas o resto son traducións de ficheiros de Commons e aínda que estén en galego é máis convinte que estas versións sigan alí, igual que fan o resto de wikipedias, para manter todas as versións de cada imaxe no mesmo sitio para facilitar o seu mantemento, e tamén para aumentar a visibilidade do galego alí. As dúas últimas non as atopei en Commons pero penso que tamén deben moverse alí xa que son imaxes que poden ser reutilizadas noutras wikipedias. Xa me diredes, saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de outubro de 2013 ás 21:43 (UTC)[responder]

Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19 de outubro de 2013 ás 21:46 (UTC)[responder]

Hello! Sorry for writing in English. Could local administrators check the local page of deleted file in your wiki and write the source in fileinfo on Commons. Best regards, --SteveR (conversa) 30 de marzo de 2014 ás 11:22 (UTC)[responder]

The file was deleted in 2011 because It didn't have source. Bye, --Elisardojm (conversa) 30 de marzo de 2014 ás 21:38 (UTC)[responder]

Renomeado de imaxes e outros temas[editar a fonte]

Ola! Solicito o cambio de nome da imaxe CRD 2013 007.JPG polo de Colexio Atlántico.jpg Pensei que no contexto se entendía Centro Residencial Docente foto feita en xullo (07) do 2013. Perdón polo erro. —o anterior comentario sen asinar foi feito por UL Abelrr (conversacontribucións)

Renomeada. Cómpre renomear tamén Ficheiro:CRD 2013 002.JPG.
Cando escribes, para facer punto e a parte (saltar de liña) tes que deixar unha liña en branco. --. HombreDHojalata.conversa 18 de setembro de 2014 ás 21:03 (UTC)[responder]

Cisnes no Burgo[editar a fonte]

Ola. Solicito o cambio de noime da imaxe P6230024.JPG polo de Cisnes_no_Burgo.jpeg Grazas.--XoioÉche o que hai 9 de maio de 2015 ás 21:04 (UTC)[responder]

Mapas das parroquias nas páxinas dos concellos galegos[editar a fonte]

Lugo map.

O usuario Banjo e aínda así compañeiro ven de quitar este mapa da páxina sobre Lugo. En calquera páxina hai mapas. De feito en tódalas páxinas dos concellos galegos hai a lo menos unha, onde se indica a posición do concello en galiza. Outras páxinas máis desenvolvidas e con máis información teñen mapas onde se indica a posición das parroquias no concello e ata algún pon con que concellos limita xeográficamente o concello (esto no texto pono en tódalas páxinas). Na de Lugo non pode ser, o noso admin-copropietario de galipedia dicidiu que en Lugo non e protexeu a páxina (hai que protexer as páxinas das melloras?). Eso si, recomenda facer as probas na zona de probas. Hai páxinas de concellos galegos na zona de probas? Agora xa sabemos a onde mandar á xente cando pida un deseño, un escudo ou calquera achega gráfica -> á zona de probas. Teño ademáis de feito ese mapa outros 50 ca ubicación de tódalas parroquias no concello de Lugo. Subín dous, non volverei subir ningún máis ata que este señor explique en que se basea para quitar ese mapa e porque non quita os que hai noutras páxinas de concellos galegos. 203.162.69.22 29 de outubro de 2015 ás 10:46 (UTC)[responder]

A resposta podes atopala en Conversa usuario:Nemigo#RE:Wellcome Banjo tell me 29 de outubro de 2015 ás 10:51 (UTC)[responder]
A min a imaxe paréceme axeitada, o que non me convence é a maquetación da mesma no artigo, tal e como está na edición de Nemigo fai que quede unha columna de texto moi estreita. Quizais podería poñerse noutro sitio do artigo, e cun tamaño un chisco máis reducido, que non "rompa" tanto o texto... Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:40 (UTC)[responder]


Imaxes por verificar[editar a fonte]

Vin que na Categoría:Wikipedia:Todas as imaxes sen verificar hai moitas imaxes por verificar e quería axudar a que o número de imaxes por revisar baixe. Non quero interferir con ningunha directriz establecida nin cos procedementos do wiki, por iso, quería saber se podo realizar a verificación, se necesito autorización para facelo ou debo solicitala seguindo algún tipo de procedemento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11 de decembro de 2016 ás 12:55 (UTC)[responder]

Ola mestre, moito tempo sen falar, alédome de que volvas estar activo por estes lares. Non fai falta autorización ningunha nin hai directriz establecida, adiante co choio. Xeralmente a responsabilidade recaería nun administrador, pero calquera usuario experimentado pode levar a cabo o proceso de verificación. O proceso consiste en:
  • Asegurar que usan o modelo {{information}}
  • Asegurar que a información está completa é correcta
  • Asegurar que cumpren (ou teñen) a licenza precisa
  • Asegurar que a imaxe teña categorías axeitadas (non só as automáticas de licenza)
  • Asegurar que teña coordenadas (se aplica), engadir {{cómpren coordenadas}} se non están dispoñibles.
  • Se están duplicadas en Commons, indicalo con {{EnCommons}} ou {{SubidaACommons}}
Completado o proceso hai que substituír {{non verificada}} por {{subst:verificada}}, para que queden automaticamente recategorizadas na categoría axeitada.
Calquera dúbida no proceso ou con calquera imaxe particular aquí estamos para revisalo. Sen medo e moitas grazas! Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 13:07 (UTC)[responder]
Moitas grazas pola resposta. Vou ter que deixalo estar, polo de agora, polo punto referido a Commons. E outra vez moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11 de decembro de 2016 ás 13:14 (UTC)[responder]
Mestre, o punto de Commons non precisa de ningunha actividade ou edición alí. O software MediaWiki detecta automaticamente a duplicidade. Podes ver un exemplo en calquera das imaxes da categoría categoría:Imaxes subidas a Commons, nas que dentro da sección "Uso do ficheiro" indícase a frase: "O seguinte ficheiro é un duplicado destoutro: Ficheiro:XXXXX de Wikimedia Commons". Se atopas ese texto na imaxe, nada máis sería engadir o modelo {{EnCommons}} ou {{SubidaACommons}}, sen parámetro ningún. Se tes tempo e anímaste, calquera axuda na revisión de imaxes é máis que benvida. Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 13:22 (UTC)[responder]
Estou a favor da unidade da base de datos da Galipedia, prefiro que as imaxes cargadas por primeira vez aquí permanezan na Wikipedia en galego. Marcar as imaxes como subidas a Commons para que se borren neste wiki contradí ese principio. Moitas grazas polo aprecio das túas mensaxes, aproveito para felicitarvos polo traballo que estades facendo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11 de decembro de 2016 ás 13:35 (UTC)[responder]

Imaxes propias[editar a fonte]

Vexo que dentro desta Categoría de maxes sen verificar hai algunhas miñas. ¿É procedente que eu verifique as miñas propias imaxes? Case estou pensando en subilas a Commons e borrar estas, e morto o can... Pedro --Lameiro (conversa) 11 de decembro de 2016 ás 16:52 (UTC)[responder]

Se as subes a Commons estarán dispoñibles para as Wikipedias noutras linguas, é opinión persoal pero eu entendo que é a mellor opción. As que fun borrando localmente eu que xa estaban en Commons deixeilles restaurados os historiais locais e as categorías en local, polo resto asegurei de que tivesen toda a información local na páxina correspondente de Commons (p.ex as coordenadas). Se pola contra non tes oportunidade ou decides non subilas a Commons, podes verificalas localmente seguindo os pasos que lle indiquei a Prevert na mensaxe anterior. Básicamente é asegurar que teñan toda a información correcta e completa. Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 16:59 (UTC)[responder]
@Lameiro: Ó borrar as imaxes localmente hai que ter en conta tanto o historial local como a posible diferenza de nome que haxa con respecto do ficheiro local ó de Commons. En xeral eu viña solucionando isto movendo o ficheiro local para o mesmo título que teña en Commons, e tralo borrado restaurándo o historial e deixando só as categorías locais na páxina de descricións. Tralos teus borrados de hoxe quedaron varios ficheiros que hai que revisar, e hai 3 páxinas con ligazóns rotas a ficheriros: Unicornio, Iria Flavia, Padrón e Usuario:Lameiro/Etnografía. Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 21:47 (UTC)[responder]
Queda solucionado. Se tes algunha dúbida dos pasos a seguir neste tipo de casos avisa e coméntoche como proceder segundo o caso. Polo momento é mellor non seguir con este tipo de accións, polo menos ata que remate a votación sobre eliminación rápida. Banjo tell me 11 de decembro de 2016 ás 22:16 (UTC)[responder]

Borrar redirección incorrecta[editar a fonte]

Ola.

Podedes borrar?: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=File:1897_Á_Rosalía_Castro,_en_el_duodécimo_aniversario_de_su_muerte,_los_gallegos_redidentes_en_la_República_Argentina.pdf&redirect=no

É un nome incorrecto, nótese o "redidentes".

Trasladei ao nome correcto e quedou atrás a redirección, que é a que hai que borrar.

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2017 ás 09:31 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Chairego apc (conversa) 15 de abril de 2017 ás 09:42 (UTC)[responder]


wiki commons borra aquivos porque non se usan?[editar a fonte]

Os arquivos subidos a wiki commons deben ter uso ou serán borrados (?) Parece ser que este ven sendo un argumento de peso. Se subes algo a wiki commons e non o empregan en ningunha páxina a túa achega pode ser borrada, véxase o exemplo práctico -> https://commons.wikimedia.org/wiki/Commons:Deletion_requests/File:Astano_texto_plano.svg

E por agora o usuario censor vai gañando (véxase -> https://commons.wikimedia.org/wiki/Special:Contributions/Refrigerador23) pero coidado, en wiki commons xa informan que non se poden empregar argumentos persoais contra o que pide o borrado dun artigo, non se terán en conta. Abrir unha conta vai uns días para pedir que se borre un artigo sen facer achega algunha nin antes nin despois... iso non se pode ter en conta para non facer tal. E todo isto que ten que ver con galipiedia?... pois ven sendo que ese arquivo se fixo para a páxina de Astano, na cal se empregaba ata que un ex admin da galipedia o quitou de alí (porque yo lo valgo, a páxina de conversa non vai e alí non collen istos temas) y así mis queridos niños es como se valora a los usuarios—o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.125.206.78 (conversacontribucións) 4 de febreiro de 2018 ás 21:29‎

Non me decato que haxa ningunha política en Commons que diga que os ficheiros que non están a ser usados deben borrarse, hai centos de miles de imaxes que non están incluídas en ningún artigo e non son borradas. Tampouco me decato que ningunha imaxe correcta fose borrada porque non se usaba en ningún artigo, pero claro, en Commons hai case 45 millóns de ficheiros, vai ti saber o que lles pasa a todos eles.
Outra cousa é que esas imaxes sexan de utilidade e que sexan correctas. Esa imaxe realmente era o logotipo de Astano? Non o sei, eu sempre o vin escrito en maiúsculas, por iso pregunto. O que habería que facer en Commons é indicar se era o logotipo oficial coas letras en minúsculas e de cor vermello e achegar referencias onde verificalo. Eu non teño información sobre o tema e o único que atopo en Google son fotos do nome en maiúsculas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 17:44 (UTC)[responder]