Wikipedia:Sobre Galicia/xullo 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Televés é unha empresa galega con sede en Conxo, Santiago de Compostela dedicada á investigación, deseño, fabricación e comercialización de equipos para a recepción e distribución do sinal de radio, televisión, telefonía, Internet e telecomunicacións. A empresa fundouse no ano 1958, cando a televisión en España acababa de comezar as súas emisións. Inicialmente, a empresa operou desde un pequeno obradoiro cun cadro de persoal de 10 traballadores. A facturación do seu primeiro ano foi de 400.000 pesetas.

En 2011, a Corporación Televés agrupaba a 750 traballadores, cunha cifra de vendas superior aos 192,5 millóns de euros. Dende o ano 1995 forma parte do DVB, un consorcio internacional de empresas que crea e mantén un conxunto de estándares relacionados coa televisión dixital. Televés é a única empresa que fabrica tecnoloxía TDT na CE.