Wikipedia:Sobre Galicia/xullo 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ourense A leiteira Ramón Conde.jpg

A muller na cultura popular galega. O reparto de traballo, na Galicia tradicional, sitúa a muller no ámbito doméstico, interior, e o home no ámbito laboral, exterior (A muller na casa e o home na arada). Xa os romanos estableceran esa división e, con tal simbolismo, marcaban o terreo sobre o que ían construír unha cidade mediante un arado tirado por un boi e unha vaca. Aquel camiñaba polo que ía se-lo exterior da cidade e esta polo interior. Boi e vaca representaban deste xeito o papel do home fóra da cidade, fóra da casa (no campo e na guerra) e o da muller dentro da cidade, na casa.