Wikipedia:Sobre Galicia/xuño 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Gran Guerra Irmandiña tivo lugar entre 1466 e 1469, e foi posiblemente a maior revolta europea de todo o século XV. Comezou na primavera de 1467 na Galiza, nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abusos por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela). A Santa Irmandade, xurdida e xustificada por tal situación, tornouse nunha revolta como reacción a un sentimento acumulado de agravio polos males e danos que o pobo recibía dos nobres das fortalezas.