Wikipedia:Sobre Galicia/xuño 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Antonio (1900-1930), poeta galego nado en Rianxo no seo dunha familia conservadora. Neste ambiente dominado polo conservadorismo e a relixiosidade, contra o que xa dende ben novo combatería o seu espírito inquedo, recibe as primeiras ensinanzas. Pouco a pouco comeza a concienciarse na loita anticaciquil que ian espallando os movementos agraristas e fixo dos seus poemas unha arma de loita, mesmo en contra da ideoloxía da súa familia. Nas súas estadías en Rianxo relacionase con Rafael Dieste, un rapaz do seu tempo co que houbo de compartir o interese pola literatura e o nacionalismo. O 28 de xaneiro do 1930 falece a causa da tuberculose na aldea de Asados (Rianxo).