Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa lingüístico do Galego
Mapa lingüístico do Galego

As Irmandades da Fala foi unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1936. Coas Irmandades da Fala por vez primeira o movemento galeguista asumiu o monolingüísmo en galego

Aurelio Ribalta, escritor galego que residía en Madrid, dende a revista Estudios Gallegos realizou un chamamento para defender a lingua galega en 1915. O 5 de xaneiro de 1916 Antón Villar Ponte recolleu a chamada de Aurelio Ribalta e comezou dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego e en marzo publicou o folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro). Nuestra afirmación regional, no que volve sobre a cuestión da defensa, dignificación e cultivo da lingua.