Wikipedia:Sobre Galicia/xaneiro 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abadín é un concello da provincia de Lugo situado no nordeste da Terra Chá que limita con Alfoz, Mondoñedo, A Pastoriza, Cospeito, Vilalba, Muras e O Valadouro. En 2004 contaba cunha poboación de 3.256 habitantes. O concello está atravesado pola Serra do Xistral e a Cordal de Neda. Se ben a altitude media sitúase nos 500 m., o punto máis elevado é Lombo Pequeno, con 1.015 m. A paisaxe de Abadín ven configurada por un fértil val interior cruzado polos ríos Ouro, Labrada ou Labrador, Abadín, Pontiga, Santandrea, Pedrido, Anllo, Arnela e Fraga Vella (na súa maioría son regatos) e rodeado de montes.