Wikipedia:Sobre Galicia/novembro 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Iván Raña Fuentes, nado o 10 de xuño de 1979 en Ordes, é un deportista galego.

Ten competido principalmente en tríatlon, deporte no que gañou dous diplomas olímpicos (en 2000 e 2008), foi campión do mundo (en 2002) e dúas veces subcampión (en 2003 e 2004), subcampión da Copa do Mundo (en 2002), dúas veces campión de Europa (en 2002 e 2003) e outra subcampión (en 2001), catro veces campión de España (2001, 2002, 2004 e 2007) e outras catro subcampión (2003, 2006, 2008 e 2012). Dende 2012 compite en Ironman, onde logrou varias vitorias e conseguiu completar en seis ocasións consecutivas o esixente Mundial de Kona, cunha sexta posición como mellor resultado (en 2013).

Ademais foi campión do mundo de ácuatlon (2001), dúas veces campión de España de dúatlon (en 1998 e 2002), foi ciclista profesional nas filas do Xacobeo Galicia e dende 2007 compite en rallys, principalmente no Campionato de Galicia.