Wikipedia:Sobre Galicia/marzo 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Baleira é un concello da provincia de Lugo pertencente á Comarca da Fonsagrada. En 2004 contaba cunha poboación de 1.778 habitantes. Encrávase nas Serras Orientais galegas, integrada por un releve moi accidentado e montañoso. A sucesión de montañas que conforma toda a comarca serve de fronteira natural entre Asturias e a meseta lucense. Limita coas Serras de Cuias e de Uría no leste, no oeste coas do Miradoiro, Vaqueiriza e Puñago, e polo sur coas de Foncuberta e Llouxas. Estas serras, xunto coas de Lastra, Follabal e Invernal, situadas na parte central da comarca, conforman as cabeceiras dos principais colectores hidrográficos: Neira, Eo e Navia.