Wikipedia:Sobre Galicia/febreiro 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma vila o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo. Foi anunciado en numerosas ocasión por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate", e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".

Os grandes violinistas da súa época - Eugène Ysaÿe, Fritz Kreisler, George Enescu, Mischa Elman e Jascha Heifetz - así como compositores como Igor Stravinskii e Jean Sibelius, tiñan a arte de Quiroga en gran consideración.