Wikipedia:Sobre Galicia/febreiro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lois Tobío Fernández, nado en Viveiro o 13 de xuño de 1906 e finado en Madrid o 13 de marzo de 2003, foi un diplomático, escritor e tradutor galego.

Trala proclamación da República o 14 de abril de 1931, a sección do seminario que coordinaba Tobío propuxo redactar un Anteproyeito de Estatuto da Galiza, que deu pé ao Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.

Traduciu textos de ficción, ensaísticos, filosóficos, políticos e económicos.