Wikipedia:Sobre Galicia/decembro 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Velo

Carlos Velo Cobelas foi un cineasta galego, seguramente o máis importante da historia, e figura chave do cinema mexicano. Naceu nunha pequena aldea de Cartelle, na cal o seu pai exercía de médico, en 1909 e morreu en México, onde viviu exiliado, en 1988.

De rapaz, trasladouse á cidade de Ourense a estudar o bacharelato e despois Maxisterio. Nesta época coñeceu a Vicente Risco e da súa man embebeuse de galeguismo. Agromou tamén nestes anos a súa dobre vocación pola bioloxía e polo cinema.