Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O que arde.png

O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.

Estreouse na sección "Un Certain Regard" do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde gañou o premio do Xurado, sendo a terceira vez que un filme de Laxe participa no concurso do certame francés e a primeira que un filme en galego é proxectado na sección oficial. É o filme en galego con maior recadación e o máis visto da historia, con máis de 87.990 espectadores nos cinemas logo da súa estrea, e máis de 477.624,79 € recadados, superando a Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (1989).