Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Pemento de Padrón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 5 a favor, ningún en contra.
Pemento de Padrón[editar a fonte]
- Información: proposto por Hugo22. O denominado Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum) orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde orixinariamente foi introducida polos monxes franciscanos esta especie procedente das Américas. Trátase dun pemento de pequenas dimensións, entre uns 5 e non máis de 10 cm, de cor verde oliva a verde amarelada e que ten como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o que algúns exemplares resultan particularmente picantes (aproximadamente entre un 10% -ou menos- e un 25%). MÉRITOS DO ARTIGO: É un artigo diferente aos que se adoitan presentar na portada, é interesante, ten referencias, está bastante completo e vén ilustrado con boas fotos. Coido que é o primeiro que fala dun produto da terra. Ampliouse a partir do artigo da Wikipedia española, polo tanto faríalle falta unha boa revisión xa que o seu único editor fun eu.--Hugo22 18:18, 27 decembro 2009 (UTC)
- Concordo. --Hugo22 18:18, 27 decembro 2009 (UTC)
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 17:40, 3 xaneiro 2010 (UTC)
- Concordo. Elvira (conversa comigo) 03:53, 29 xaneiro 2010 (UTC)
- Concordo no interese do artigo, pero penso habería que rectificar os últimos tres parágrafos da sección Picazón e tradición culinaria (Sobre todo a partir de "O certo é que un bó afeccionado (...)"); este cacho parece máis anecdótico ca enciclopédico. Coido que habería que redactalo de forma máis obxetiva e, sobre todo, referenciable (por exemplo, sustituíndo "Un bó afeccionado" por "Habitualmente considérase..." ou, no anaco que trata de morder só un cacho para ver se o pemento pica, citalo máis coma un feito e non en forma de consello.--Iago dime 23:17, 30 xaneiro 2010 (UTC)
- Concordo Tralas últimas engádegas. --Alberte Si, dígame? 15:08, 31 xaneiro 2010 (UTC)