Wikipedia:Sistema de mentores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A Galipedia propón un sistema de mentores para os acabados de chegar para axudalos nos seus primeiros pasos en canto a coñecemento das políticas, ferramentas de edición, etc. Se sodes noveis, propoñémosvos que escollades a un mentor dos que se ofreceron para axudar da lista seguinte. Se premedes no nome de usuario accederedes á súa páxina de usuario, onde poderedes atopar os seus intereses, afeccións, etc, e onde poderedes contactar con el deixando un comentario na súa páxina de conversa.

  1. Éme igual, un calquera - Contacta!
  2. Elisardojm - Contacta!
  3. Nachonion - Contacta!

Voluntarios[editar a fonte]

Os usuarios que se ofrecen como mentores son voluntarios, só se espera que teñan unha mínima experiencia e gañas de axudar. Apuntádevos na lista de enriba e tamén en Modelo:Mentor/Aleatorio. Se nalgún momento non podedes atender as solicitudes, sexa porque xa tedes asignados outros ou en previsión de non estar dispoñibles, indicádeo ou dádevos de baixa da lista aínda que sexa provisionalmente.