Wikipedia:Proxectos pedagóxicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.



Por que utilizar a Galipedia
en clase?


Formar o alumnado e estudantado a usar de forma intelixente a Galipedia é primordial. Para conseguilo, nada mellor que axudalos a pasar do status de lector/a ó de editor/a.



É un feito: o alumnado e o estudantado utiliza masivamente a Wikipedia, ás veces con usos inaxeitados- copiados-pegados, ausencia de revisión das fontes etc. Por iso hai grande interese en formalo no uso correcto desta ferramenta e a desenvolver o seu espírito crítico.


Máis alá da sensibilización, facer redactar o alumnado na Galipedia permite confrontalo a unha comunidade laboral real, educalo no traballo colaborativo e proporcionarlle unha educación dixital. Outra vantaxe é a satisfacción que produce un traballo publicado inmediatamente e dispoñible en liña (fronte a uns deberes realizados en papel e que ó pouco tempo serán desbotados). A contribución a Galipedia obriga finalmente á investigación documental, xa que toda información, para ser engadida, ten que estar referenciada, e permite o desenvolvemento de coñecementos sobre o respecto ós dereitos de autoría e as licenzas libres.


Saber máis










Testemuños

Aquí abaixo, algúns testemuños de profesorado que realizou proxectos pedagóxicos sobre Wikipedia.