Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/Física Santiago 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Proxecto: Proxecto de iniciación á Galipedia
    Responsable: Maria zaos;
  • Lugar da formación: ETSE Santiago (Universidade de Santiago de Compostela)
  • Formación dos contribuíntes: Estudantado da materia de Física, de 1º curso de Enxeñería Química
    Número de contribuíntes: por determinar. Idade dos contribuíntes: ~18-20 anos
  • Calendario:
    Comezo do proxecto: marzo 2021
    Finalización do proxecto: 28 de abril de 2021

Resumo de balance: altamente positivo pola alta participación, facilidade no uso do editor visual e motivación. Ver Resumo da actividade

Obxectivos[editar a fonte]

Introdución á edición en Galipedia a través da creación de biografías de mulleres relevantes nas áreas de Ciencia e Tecnoloxía.

Artigos do proxecto[editar a fonte]

Documentos e ligazóns de utilidade[editar a fonte]

Creando[editar a fonte]

Editor Visual[editar a fonte]

Introdución ao editor visual, ao editor de código e á navegación.

Páxina de axuda do editor visual. Está é unha páxina moito máis densa sobre o editor visual


  • Se creamos un novo artigo, primeiro faremos unha busca na caixiña de busca para evitar duplicados. Se non houbese avisaranos de que non existe aínda esa entrada. É importante comprobar que escribimos ben o concepto ou palabras necesarias á hora de buscar. Se non existe dános a opción de creala premendo no aviso vermello: crear páxina. Outra opción é usar este cadriño que copio aquí:
Introduce aquí o título
e preme en "Crear o artigo".
  • Modelo:Proxecto escolar. A partir da primeira ou segunda edición da páxina nova na que estamos traballando é moi importante poñer un aviso de que estamos a traballar nela. Co editor visual: Barra de ferramentas>inserir>Modelo>e na caixiña de busca escribimos Proxecto escolar. Seleccionamos, confirmamos (sen engadir ningún campo a maiores) e dámos a inserir. Debe ir na cabeceira da páxina.


Traballo na subpáxina[editar a fonte]

Outra opción é traballar nun espazo fóra do espazo principal, chamado subpáxina de usuario. Pódese facer cos mesmos métodos da procura que dixemos antes, pero engadindo:

  • Usuario:aqui_o_voso_nome_de conta seguido de "/" e o título que usariades para o artigo ou "borrador"
  • Cando rematemos de traballar nesta subpáxina poderemos mover os contidos ao espazo principal. Ver Mover
  • E como xa non imos traballar na nosa subpáxina, podemos solicitar que nola borren. Para facelo engadiremos (Inserir) o Modelo chamado Lixo dende a barra do editor visual ou introducindo o código na cabeceira {{Lixo}}. Ver borrado de páxina

Nomes de usuario/a[editar a fonte]

Ligazóns de interese para a edición[editar a fonte]

Para familiarizarse co funcionamento do editor gráfico da Galipedia, poden visualizarse os seguintes vídeos:

Recoméndanse as seguintes páxinas de referencia para iniciarse e resolver dúbidas:


Resumo da actividade[editar a fonte]

Actividade titorizada polo profesorado dentro do programa da materia, na que as persoas crearon diversas biografías seguindo o estilo da Wikipedia. Nunha sesión (50 min aproximadamente) semanas despois do inicio da actividade achegouse unha presentación adaptada á publicación destas biografías na Galipedia. Na presentación incluíronse os seguintes puntos:

  • Definición da Wikipedia como Enciclopedia libre
  • Distinción entre proxectos irmáns (Wikidata, Commons), wikipedias noutras linguas, software mediawiki, sitios espello
  • Piares da Galipedia
  • Presentación da páxina do proxecto pedagóxico
  • Como crear unha entrada nova
Introdución ao editor visual
    • Estilos de cabeceira e seccións
    • Como inserir modelos: o modelo biografía
    • Como inserir imaxes
    • Como referenciar as fontes: o modelo cita manual e creación da lista de referencias
    • Creación de ligazóns internas
    • Creacións de ligazóns a sitios externos
  • Configuración das preferencias da conta: axudas á edición e trabellos
  • Como engadir categorías con Hot-cat
  • Como continuar: páxina de Axuda, Libro de Estilo e Taberna
Número de biografías editadas
5
Número de persoas participantes que editaron na Galipedia
36
Estimacións de calidade co sistema ORES (1/6)
Estatísticas por entrada
  • Susan Solomon 21 editores, 14 persoas relacionadas co proxecto, 2 ips

Visitas:688 en 60 días; referencias: 12; palabras: 1 307

Visitas:282 en 60 días; referencias:8; palabras:726

Visitas:277; referencias:8 ; palabras: 725

Visitas:386; referencias:14; palabras:1117

  • Alice Larkin 6 editores, 1 ip, 3 persoas relacionadas co proxecto

Visitas:118 a 60 días, referencias:10, palabras:872

  • Páxina do proxecto: 422 visitas en 60 días
total visitas
2 173
total edicións 166


Comunicacións[editar a fonte]

Contas novas creadas relacionadas/Benvidas
35
Respostas en páxinas de conversa de usuario/a(distintas da Benvida)

16

Visitas nesta páxina

422 visitas en 60 días

Agradecementos enviados

24

Valoración global[editar a fonte]

Moi positiva. Alto grado de participación a pesar de realizarse nunhas datas nas que concorrían moitas outras cargas académicas. As biografías escollidas espertaron a motivación de cara a actividade de edición. Varias participacións por persoa nas que se demostra nula ou baixa dificultade co uso do editor visual. Valórase moi positivamente a autocorrección que as propias persoas van facendo en sucesivas edicións, indicadora dunha actitude que resulta moi valiosa na comunidade de Galipedia. Ningún incidente de vandalismo nin de falta de civismo nas interaccións das persoas participantes.

Cousas a ter en consideración (dificultades)[editar a fonte]

Cómpre definir ao inicio as características da actividade, distinguindo entre tradución e creación.
Para a tradución aconséllase a ferramenta de tradución para poder manexar a traslación dos modelos de citas dende outra Wikipedia, pero non foi incluída na charla de introdución á edición.
Na contorna universitaria semella recomendable o fomento da creación dende cero, para ir afacéndose á creación de textos propios que usen as fontes de referencia de xeito rigoroso como esixen as prácticas da comunicación científica.
Os distintos niveis de participación, que van dende as persoas que crearan os textos biográficos (incluídos no proxecto) nas aulas da materia ata pequenas correccións lingüísticas, fan abrollar os seguintes problemas:

  • .A dificultade do traballo colaborativo nunha mesma entrada. Repeticións de contido nos textos e eliminacións que fóra dun proxecto pedagóxico serían controvertidas.
  • .Confusión entre as fontes de referencia que deben citarse se se traen contidos doutras wikipedias coas fontes en que se deben basear os textos creados na Galipedia. (=inclusión de ligazóns internas que levan a outras wikipedias ou a tendencia a autorreferencia, incluíndo entradas doutras wikipedias nos modelos de citas)
  • .Derivado do anterior cómpre insistir, máis aínda na contorna universitaria, nas boas prácticas á hora de referenciar os contidos e no respecto ós dereitos de autoría. (Nalgúns casos incluíuse texto sen referencias ou referencias que non gardaban relación cos contidos que debían apoiar.)
  • .Debido ao protagonismo que amosou ter a Wikipedia en castelán, cómpre aclarar máis polo miúdo o funcionamento diverso de cada Wikipedia, resaltando as diferenzas do Libro de Estilo da Galipedia con outras wikipedias.