Saltar ao contido

Wikipedia:Modelos modulares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os modelos modulares son unha serie de modelos de fichas básicas de artigo que funcionan a través de outros modelos comúns, aos que chamaremos "módulos" (non confundir cos módulos de código). Estes módulos, e ás veces o modelo principal, collen a súa información de Wikidata. Cada artigo está ligado a unha entrada de Wikidata, e as súas propiedades son as que aparecerán no modelo salvo en certas excepcións nas que estarán editadas manualmente.

O modelo pretende facer unha interface para visualizar esta serie de propiedades de maneira que sirva para a maior cantidade de casos diferentes posibles, dun xeito sutil e cun deseño enciclopédico e académico. A idea é que non desvíe a atención do contido principal do artigo, pero que mostre a maior cantidade de información posible e que a súa vez sexa tamén o máis compacto posible.

Capacidades

[editar a fonte]
  • Cada caixa de propiedade adáptase dinamicamente a cantidade de entradas, normalmente se aparecen máis de tres entradas (pódese especificar) a caixa encártase para non ocupar demasiado. Isto é especialmente útil cando hai listas que ocupan moito espazo vertical.
  • Os modelos son modulares (inda en construción), polo que se poden facer edicións centralizadas que afecten a tódolos modelos, isto reduce incriblemente o tempo de adaptación ou expansión dos modelos e tamén reduce o traballo á hora de facer novos dedicados a temáticas específicas.
  • Hai algunhas propiedades que están traballadas en formato e estilo. Algunhas collen subpropiedades e outras móstranse dun xeito concreto.

Módulos e modelos

[editar a fonte]

Os módulos están divididos en temáticas co mesmo nome dos títulos dos cabeceiros que aparecen no modelo. Estes son todos os que hai polo momento: (en construción)

Modelos modulares

[editar a fonte]
Artes
{{Obra}}
{{Personaxe}}
Creacións
{{Edificio}}
{{Produto}}
{{Comida}}
Ciencias
{{Taxon}}
{{Material}}
Ciencias sanitarias
{{Anatomía}}
{{Doenza}}

Funcionamento con Wikidata

[editar a fonte]

Inda que é posible editar manualmente as propiedades do modelo (inda en construción) normalmente é preferible aumentar ou modificar a información directamente en Wikidata. Despois de editar a propiedade en Wikidata, só con actualizar a páxina do artigo, debería ser suficiente para ver o modelo actualizado (ás veces require facer unha recarga de caché da páxina ou simplemente esperar un pouco).

Para editar ou traducir calquera entrada de propiedade pódese acceder a través do pequeno logotipo dun lapis que aparece no modelo ao final de cada entrada. Isto leva directamente a páxina da entrada e resalta a propiedade en cuestión.

Se unha propiedade segue sen verse no modelo pode ser porque non está incluída dentro dos modelos, nese caso pódese comentar no apartado de conversa de cada modelo ou desta páxina. Ao facelo sería interesante comentar que propiedade é en Wikidata, por exemplo: data de comezo (d:Property:P580). O mesmo no caso das subpropiedades das propiedades principais que tamén se irán refinando progresivamente.

Títulos

[editar a fonte]

Os títulos de cada módulo están escollidos para intentar organizar as propiedades de maneira que teña sentido na maior cantidade de casos diferentes. Inda así é imposible que quede perfecto en tódolos artigos: hai veces que as propiedades son iguais a cantidade de títulos, hai veces que hai moitas propiedades dentro dun só título e hai veces que a nomenclatura non vai coincidir a perfección co tema a tratar. Calquera suxestión sobre esta organización é benvida nas páxinas de conversa.

Propiedades

[editar a fonte]

Os nomes das propiedades están escollidos manualmente pero intentando adaptarse o máximo posible ao nome das propiedades en Wikidata. Son manuais xa que se se fai automático hai propiedades que ocuparían dúas liñas desmontando o deseño do modelo, polo que existen casos nos que hai que facer unha versión curta. Nun futuro isto poderase facer con algún "acurtador automático".

Hai algúns casos nos que está automatizado para recibir a variante feminina ou masculina da propiedade en función da entrada. (en construción)

Tarefas en marcha e avisos

[editar a fonte]

Avisos:

  • Como a aplicación dos modelos modulares está en proceso, quizais temporalmente non se poidan editar manualmente os modelos ou haberá algúns que non se vexan correctamente a pesar de ter propiedades manuais. Isto será corrixido automaticamente ao rematar as edicións previstas.

En marcha:

  • Aplicación dos modelos modulares.
  • Refinamento de propiedades e subpropiedades.

Modelos principais de caixas de información

[editar a fonte]