Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Aguiar.jpg
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:Aguiar.jpg[editar a fonte]
Amólame propor para borrar imaxes coma esta, pero non se pode manter segundo o meu criterio. A obra é unha obra derivada, descoñecemos o autor do cadro e o autor da foto. Descoñecemos a licenza da imaxe na orixe (a páxina web do centro xa non existe, pois como se di nos datos non é a actual), logo a orixe é incerta e non válida. Para máis, non se trata dunha imaxe de dúas dimensións, xa que recolle anacos do marco, se fose unha imaxe de dúas dimensións podería ser posible mantela aquí ou en Commons.
Se alguén desexa que aclare un pouco máis calquera das cousas que digo, fágamo saber na miña páxina de conversa e aclároas. Non me paro máis porque non teño tempo e os comentarios poderían ser longos-- Lmbuga / Conversa comigo 19:28, 13 marzo 2010 (UTC)
- Borrar, por desgraza non está acorde coas políticas-- Lmbuga / Conversa comigo 19:28, 13 marzo 2010 (UTC)
- Borrar Non ten datos en canto á licenza. --Alberte Si, dígame? 15:17, 29 marzo 2010 (UTC)
---
- Comentario: A páxina de orixe existe [1]. --HombreDHojalata conversa 10:31, 29 marzo 2010 (UTC).
- Facer notar que, en caso de que se decida non borrar, existe un artigo candidato a aloxar esta imaxe (Francisco de Aguiar Seixas e Ulloa). --HombreDHojalata conversa 17:04, 29 marzo 2010 (UTC).
- Comentario. Polo que apuntaba Lmbuga, eu entendo que segue a ser de borrado. Se non é así, que alguén dos que sabedes explique as razón polas que se pode manter. --Atobar (conversa comigo) 20:46, 5 de setembro de 2010 (UTC)