Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Costa Concordia in 2009.jpg
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ficheiro:Costa Concordia in 2009.jpg[editar a fonte]
Votación PECHADA: Rexeitada
Período de votación: 1 de decembro de 2018 - 17 de decembro de 2018
SI: 1 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Rexeitada |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 1 de decembro de 2018 ás 18:32 (UTC) (Período de votación: dende o 01-12-2018 ata, polo menos, o 16-12-2018)[responder]
- Información: Cargada por: Cezary p
- DESCRICIÓN: O Costa Concordia no 2009. Vexa o artigo cruceiro--☣Banjo tell me 1 de decembro de 2018 ás 18:32 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 1 de decembro de 2018 ás 18:32 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Penso que esta foto debería estar asociada na portada ó artigo do accidente, e como non temos ese artigo sería moito mellor poñer a imaxe de calquera outro cruceiro e non precisamente ese. Ou tamén podería crearse o artigo do accidente para ligalo no pé de imaxe. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2018 ás 22:09 (UTC)[responder]
- Comentario O obxectivo desta sección é o destaque de imaxes, en xeral pola súa calidade pero tamén pola súa singularidade ou valor particular, como é o caso desta. A escolla dunha imaxe deste cruceiro é a conciencia debido á notoriedade do mesmo e do seu accidente e desaparición. Que un artigo relacionado exista ou non é secundario, escóllese ó pé de imaxe en base ó dispoñible relacionado coa imaxe, non se escolle a imaxe en base ó pé de imaxe que se poida xerar. Non ten sentido supeditar a escolla dunha imaxe a un sub-artigo non existente, menos cando o artigo principal existe e precisa traballo adicional. Mellórese o artigo principal, ou créese o artigo solicitado, e logo cámbiese o pé sen maior problema. Limitar unha imaxe pola non existencia dun artigo é un criterio errado auto-imposto que non garda relación co obxectivo da sección. ☣Banjo tell me 3 de decembro de 2018 ás 10:43 (UTC)[responder]
- Comentario Banjo, se te importunei co meu comentario pídoche desculpas, non era a miña intención molestarte nin desacreditar a túa proposta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 13:17 (UTC)[responder]
- @Elisardojm: Non te amoles, non me molestou. Tampouco hai intención de animosidade na miña resposta, desculpa se se percibe como tal. As eivas da lingua escrita, xa sabes. Entendo a túa opinión e eres libre de expresala, mais non a comparto, polo que eu tamén defendo a miña proposta. Parafraseando a outro compañeiro da Gali, non son pulpo e non teño 8 brazos, traballo co material que hai dispoñible. Se sae ben, se non sempre pode quedar para máis adiante, ou sairá outra distinta. Cantas máis se propoñan sempre mellor, así sempre hai unha criba mellor. ☣Banjo tell me 3 de decembro de 2018 ás 14:22 (UTC)[responder]
- Vale, aclarado, moitas grazas :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 09:43 (UTC)[responder]