Wikipedia:Efemérides destacadas/30 de outubro
Aparencia
- 1728, nace Mary Hayley, empresaria británica (f. 1808).
- 1907, un terremoto destrúe a cidade de Karatoch, en Asia Central, facendo que falezan máis de 10.000 persoas.
- 1938, Orson Welles adapta á radio a novela A guerra dos mundos (na imaxe) de H. G. Wells e aterroriza os Estados Unidos.
- 1941, nace Theodor W. Hänsch, físico alemán, Premio Nobel de Física no 2005 polas súas contribucións ao desenvolvemento da Espectroscopia de precisión baseada no láser.
- 1956, morre Pío Baroja, novelista español (n. 1872).
- 1975, o príncipe Juan Carlos de Borbón asume interinamente a Xefatura do Estado, por mor da enfermidade do xeneral Francisco Franco.
- 1988, morre Florence Nagle, adestradora de cabalos de carreiras, criadora de cans e feminista británica (n. 1894).
- 1999, morre Uxío Novoneyra, poeta e escritor galego (n. 1930).